xoves, 27 de febreiro de 2025

NOVA XUNTANZA DO CLUB DE NOVELA GRÁFICA

Ola rapazada!

Onte tivemos unha nova xuntanza coa sección de 1º de BAC do Club de Novela Gráfica. Aínda que algúns de vós faltaches por estar en medio dos exames, a nosa sesión foi moi estimulante. 


Falamos con Adrián, Eric, Lara, Pablo e Saúl e as profes Patricia, Raquel e Pilar, da novela gráfica ¿Me estás escuchando? de Tillie Walden.


Comentamos esta sorprendente historia do encontro entre dúas rapazas, Lou e Bea, onde se mesturan a realidade e a fantasía. Unha busca superar a morte da súa nai, a outra pretende fuxir do seu fogar. A pesares de que o silencio é a resposta máis sinxela, as duás rapazas rematan por sincerarse e compartir reflexións. Ata que se atopan un gato perdido, momento no que a súa road movie comezará a tornarse moi sinistra, mentres os traballadores da Oficina de Asistencia de Estradas séguenlles a pista de preto... 

Esperámosvos en vindeiras xornadas!



xoves, 20 de febreiro de 2025

XUNTANZA COS RAPACES DE 3º E 4º DA ESO

Ola rapaces e rapazas:

Onte tivemos a reunión da sección de 3º e 4º da ESO do club de novela gráfica, onde demos a benvida a nova integrante do mesmo, África. Leramos a versión do clásico de William Golding O señor das moscas adaptada e ilustrada por Aimée de Jongh.


Xa comentaramos esta lectura neste blog xa que a fixemos con outros grupos. Moitos de vós falastes dos personaxes que simbolizan diferentes personalidades. Piggy representa a sensatez. Ralph defende a orde e a civilización. Roger mostra a crueldade. Simon encarna a bondade natural do ser humano. Jack desenvolve a barbarie co seu grupo de nenos cazadores.


Neste grupo encántanos escoitarvos porque sempre participades activamente e comentastes as vosas impresións sobre a lectura, que, en xeral, interesouvos moito.
Esperamos seguir gozando co resto de propostas!

xoves, 13 de febreiro de 2025

XUNTANZA COS RAPACES DE 1º E 2º DA ESO

Ola rapazada!

Este mércores día 12 tivemos a xuntanza do Club de Novela Gráfica cos alumnos de 1º e 2º da ESO. Verdaderamente, agás a Irene, verdadeira fan do Manga, nos lles gustou moito aos rapaces a historia de Idol! 


Trátase dun cómic en galego sobre as aspiracións de dúas rapazas para triunfar co seu talento no mundo do espectáculo. Está escrito por dúas autoras moi novas: Alba Chan e Ene e gañou o V Premio O Garaxe Hermético de Banda Deseñada do 2023. 


Algunhas das nosas lectoras non se identificaron moito coas historias de Vega e Ambar e co seu conflicto sobre chegar a ser unhas estrelas da música pop. Esperamos que a vindeira proposta sexa máis do voso gusto!


sábado, 8 de febreiro de 2025

SESIÓN COS RAPACES DE SEGUNDO DE BAC

Ola rapazada!

O mércores pasado tivemos a sesión do Club de Novela Gráfica dos alumnos de 2º de bacharelato que sacan tempo no seu apretado calendario para ler e vir ás xuntanzas.


Comentamos o libro Cuando brillan las estrellas de Victoria Jamieson e Omar Mohamed, o rapaz que conta en primeira persoa os 8 anos que estivo nun campo de refuxiados en Kenia.
Aos poucos estamos a conseguir que os alumnos se abran máis a dar a súa opinión e queremos destacar as intervencións de Noa, Paula, Xián, Carla...

Reflexionamos sobre a sorte que temos ao non ter impedimento no noso país de poder ir ao instituto sen problema, a posibilidade que temos, mozos e mozas, de elixir a nosa carreira e o noso futuro sen que ninguén nos peche esa posibilidade. E pensamos tamén como podemos achegar o noso gran de area.

domingo, 2 de febreiro de 2025

XUNTANZA DO CLUB DE NOVELA GRÁFICA COS RAPACES DE 3º E 4º DA ESO

Ola rapaces e rapazas!

O pasado mércores día 29 tivemos a reunión do Club de Novela Gráfica, na sección de 3º e 4º da ESO. Leramos a novela Cuando el viento sopla de Raymond Briggs, sobre a que xa falaramos neste blog na entrada na que recollemos as reunións cos grupos de bacharelato.

Foi unha marabilla escoitarvos a todos, as vosas achegas á lectura foron moi positivas. Cada un de vós engadistes a vosa visión persoal e os
profes apenas tivemos que tirarvos da lingua.


Seguide así, que estamos a aprender moito convosco. Vémonos co El señor de las moscas!