xoves, 24 de abril de 2025

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO. ACTIVIDADES NA NOSA BIBLIOTECA

Ola rapazada!

Onte celebramos o Día do Libro e, como é tradición no noso centro, adicamos esta semana a moitas actividades na biblioteca.

Estamos a espera de coñecer os gañadores do II Concurso de Poesía e, aínda que sabemos que estades un chisquiño intranquilos, debedes esperar un pouco máis.

Mañá virá visitarnos a escritora Antía Yáñez e falará de tres das súas obras con rapaces do Club de Narrativa Xuvenil e cos de Literatura Galega do Século XX. Por ese motivo tivemos hoxe un encontro cos lectores de bacharelato para preparar as demandas que se completará con outro que teremos mañá cos máis pequenos. Leron Senlleiras os rapaces de 4º e de Bacharelato e O misterio de Portomarín e O misterio do torque de Burela, o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO.


O martes 29 contaremos coa presencia de Bea Lema, autora do premiado volume O corpo de Cristo. Para aproveitar máis a súa visita, onte xuntámonos na biblio os rapaces de 4º (que xa falaran del) e os de 1º de Bac


Por último, hoxe fixemos un roteiro en feminino por Ferrol, da man da guía Isabel que desentrañou para os rapaces de Literatura Universal e Literatura Galega do Século XX moitas claves da labor de mulleres coñecidas (raíña Mariana de Neoburgo, Concepción Arenal, Ángela Ruiz Robles...) e descoñecidas (lavandeiras, carboeiras, aguadoras, pescantinas...) na nosa cidade.









xoves, 3 de abril de 2025

XUNTANZA DO CLUB DE NOVELA GRÁFICA COS RAPACES DE 1º DE BAC

Ola rapazada!

Onte tivemos a reunión do Club de Novela Gráfica co alumnado de 1º de BAC. Estamos moi ledos porque seguen a animarse máis rapaces, como Sara. 

Leramos Harley Quinn. Cristales rotos, unha versión do personaxe do universo Batman que se deu a coñecer no volume 7 da saga, e que debemos ao xenio de Mariko Tamaki e a ilustración de Steve Pugh. 


A historia comeza coa chegada da rapaza a Gotham para vivir coa súa avoa. Pero a súa vida está destinada a cambiar porque se atopará soa. Coma unha carrapuchiña vermella haberà de enfrontarse ao Joker, o auténtico lobo.  Pero coñecerá unha drag queen, Mamá, que lle servirá de leñador.