Ola rapazada!
O pasado mércores 24 tivemos xa na nosa biblio a primeira xuntanza do Club de Novela Gráfica. O anexo estaba repleto de xente e esquecémonos de tomar fotografías. Pero xa repartimos os exemplares das tres seccións:
- ¿Y a ti qué te ha pasado? para os rapaces de 1º e 2º da ESO
- Heartstopper para os rapaces de 3º e 4º da ESO
- ¿A quién benefician las migraciones? para os rapaces de BAC
Hoxe tivemos a sesión inaugural da xuntanza sobre Narrativa Xuvenil. Formáronse dous estupendos grupos que terán as seguintes lecturas:
- Formigas: misión París para 1º de ESO.
- Cartas de inverno para 4º e BAC.
Aquí vos deixamos as posibles datas dos vindeiros encontros.
