mércores, 2 de febreiro de 2011

A imparábel forza do comic galego


Poucas veces na historia do cómic deste país se deu unha concentración tan brillante e importante de autores como a que está a vivir Galicia nesta primeira década do século XXI: Kiko da Silva, David Rubín, Jacobo Fernández, Martín Romero, Diego Blanco, Brais Rodríguez, Alberto Guitián, Jano, Miguel Porto, Víctor Rivas, Emma Ríos, Manel Cráneo ou Alberto Vázquez; unidos aos xa consagrados: Miguelanxo Prado, Fran Bueno, Fernando Iglesias, Víctor Rivas, Norberto Fernández ou Carlos Portela.
E todos eles dende o compromiso coa lingua propia, demostrando que facer cómic en galego non só non impediu que as obras se coñezan fóra de Galicia, senón que ademais non foi obstáculo para que recibisen o apoio de prestixiosos premios como os do Saló del Còmic de Barcelona.
Podedes atopar información sobre eles e as súas obras no portal de banda deseñada galega
Outro blog galego sobre o cómic en xeral ao que botar unha ollada: <="" tes%22%3eel="" www.elpais.com="">

Ningún comentario:

Publicar un comentario