domingo, 1 de decembro de 2013

SOCAS INFORMA: "SAÍMOS NO DIARIO DE FERROL"

Xa empeza a ser un costume iso de saír na prensa (Vid. Diario de Ferrol 30-X-2013), pero o novo é que me saquen a min. Eu tamén teño o meu corazonciño, e quedei abraiado ao ler no Diario de Ferrol de hoxe, case en primeira plana, a noticia sobre a incorporación da nosa biblioteca ao Plambe. Pero e que, lendo polo miúdo o texto, ata citan ao meu creador, Adrián Rodríguez Nicolás. Cito: "ao longo dos vindeiros meses, a mascota da biblioteca, "Socas" -cuxo autor foi Adrián Rodríguez, alumno do centro ata o ano pasado-, encargarase de ir anunciando calquera novidade dunha biblioteca que inicia unha nova andaina..."
Penso que o texto fai xustiza ao traballo que estades todos realizando, e que convén difundir con moita confianza en nós mesmos para seguir facéndoo. 
Noraboa a todos por esta entrevista que nos anima a tirar para adiante.
Abrazos:
Socas, O Mediático.

Ningún comentario:

Publicar un comentario