No medio do descanso propio desta Semana Santa, mentres algúns preparamos a semana do Día do Libro que está a piques de comenzar, colleunos por sorpresa unha triste nova, o falecemento do grande entre os grandes, do mestre do realismo máxico, do fabulador por antonomasia, do Nobel que engrandeceu a lingua castelá ata facela universal, do colombiano Gabo, Gabriel García Márquez.
A mellor homenaxe que se lle pode facer é ler as súas obras: Cien años de soledad, El coronel no tiene quien le escriba, La hojarasca, El amor en los tiempos del cólera, Crónica de una muerte anunciada... Ao tempo, estaredesvos facendo un gran favor a vós mesmos porque descubriredes Macondo unha terra máxica e uns personaxes inesquecibles.
Mentres pensamos que máis se lle pode ofrecer dende a biblioteca, convídovos a disfrutar dun pequeno traballo que fixemos desta gran figura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario