Ola rapaces, cedo a palabra a nosa compañeira Antía, para que nos glose os obxectivos da preciosísima exposición fotográfica que adornou o noso corredor:
O punto de partida da exposición de
fotografía e poesía africana estivo en dúas escolmas poéticas:
Poemas a la madre África, realizada por Xosé Lois García, e
Coraçao en África de Francisco José Tenreiro. Estas dúas ofrecían
unha presada de versos en lingua portuguesa e era interesante
comprobarmos, unha vez máis, que o coñecemento do galego nos
permite comprender de xeito doado a lingua da comunidade lusófona.
Comunidade cun amplísimo número de falantes ao longo do mundo,
neste caso no mundo africano. As imaxes quixeron ser un apoio que
reforzase a palabra. Aparecían tanto paisaxes coma rostros, que
falaban de sufrimento e dignidade. Esta exposición quixo ser unha
ventá aberta para a reflexión desde as aulas sobre un continente
que está petando ás nosas portas e ás nosas conciencias. A súa
difusión veu coincidir coa lectura de Palabras de auga, obra tamén
situada en África e cuxo autor estivo entre nós para falarnos tamén
deste continente.
Rematamos cunha poesía:
Que
ninguém o esqueça.
Todos
os dias alguem dá a vida
para
que seja possível o amor
para
que no rosto das crianças
baile
un sorriso.
Todos
os dias alguém combate
armado
apenas de coragem
e
de decisao
para
que os passaros voem
e
as flores rebentem
sobre
o solo querido da nossa terra.
Todos
os dias alguém morre
en
luta pela liberdade
todos
os dias alguém morre
para
que nós tenhamos vida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario