venres, 1 de maio de 2015

MES DAS LETRAS NO SOFÍA


O Equipo de Biblioteca do IES Sofía Casanova decidiu adicar un mes ás letras no Sofía e… Que mellor que as datas comprendidas entre o 23 de abril (Día do Libro) e 17 de maio (Día das Letras Galegas) para facelo? Pois niso estamos…


Non tedes máis que ver o cartel: obradoiro con Xosé Tomás o 28 de abril, encontro con Xavier Alcalá o 12 de maio, itinerarios lectores, autores e obras que “cumpren anos”… Desexamos desde aquí a Neira Vilas que siga mellorando: a semana do 23 de abril ía falarnos da súa vida e dos seus encontros con tantos e tantos persoeiros do século XX (conexión por Skype) pero está recuperándose dunha doenza; non deixedes de ler este fragmento da carta que lle enviaron os alumnos de 1º ESO C:
Querido Xosé, dende aquí queremos darche unha aperta. Sobreviviches á Guerra Civil, isto non é nada. (...) 
Comezamos o MES DAS LETRAS co itinerario A metamorfose, 100 anos: encontro dos clubs de lectura, o do "Feminino" e o do "Masculino", os dous institutos xuntos de novo 50 anos despois da súa "dramática separación". O 23 de abril entregáronse os premios dos relatos "Personaxes do bosque", o tríptico ALFIN5 Sofía, as pegatinas-calendario cos itinerarios lectores "Cumpren anos"... 

Itinerario lector "Personaxes do bosque": relatos e ilustracións. Premiados no concurso.

Calendario "Cumpren anos": Itinerarios lectores Quixote II, Emma,  Alicia, A Metamorfose, Vento mareiro,
Dante, Teresa de Ávila, Kipling, Yeats, Ramón Piñeiro, Álvarez Blázquez. 

Se non o estades facendo xa, ¿queredes participar nalgún dos itinerarios lectores? Vide á Biblioteca do Sofía e seredes informados.


Ningún comentario:

Publicar un comentario