mércores, 14 de decembro de 2016

LA HISTORIA INTERMINABLE

Ola rapaces, a sesión de onte foi magnífica. Tivemos algunhas ausencias polos exames pero foron estupendamente compensadas polas incorporacións de caras novas. Benvidas Sara, Daniela, Sabela e Noa!
Aínda que non todos gozaron coa lectura do mes, a célebre novela fantástica La historia interminable, a exposición de Laura e María gustounos a todos. Emilio axudounos a contextualizar algúns aspectos máis simbólicos da novela a partir de detalles sobre a vida e a formación de Michael Ende. Reflexionamos sobre a novidade dunha obra que mestura dous mundos xogando con personaxes que pasan de un a outro. Enterámonos que non se dice Fantasía, senón Fantasia. Aprendemos que o autor tivo moitas dificultades para rematar a obra e acertar a sacar ao seu personaxe, Bastián, do mundo máxico de volta a súa realidade. 


E ata a nosa vindeira xuntanza, na que falaremos do libro de Cornelia Funke, Reckless, que pospusimos ata o día 17 de xaneiro, desexámonos un Nadal chéo de venturas e lecturas!


Ningún comentario:

Publicar un comentario