Ola rapaces e rapazas!
Onte pola tarde tivo lugar na biblioteca unha sesión de lectura moi especial, que xa tiñamos programada, tal como rezaba o noso cartel “Contos de medo”. Decidimos empregar textos de Edgar Allan Poe, aproveitando que este ano é o 170 aniversario do seu pasamento. Queremos deste xeito facerlle unha pequena homenaxe a un dos autores favoritos de moitos lectores do noso centro.
Coa intención de sorprender aos rapaces e rapazas, puxemos velas e libros do escritor nunha mesa no centro da estancia coas luces apagadas, de xeito que todo parecía o máis fantasmagórico posible. O alumnado de 1º da ESO entraba expectante pola teatralidade do momento, cando de súpeto, mentres estaban acomodándose, víronse interrompidos por un ser que ocultaba o seu rostro baixo unha túnica branca con rachaduras, coma se acabase de saír da procesión da Santa Compaña. Se ben é certo que enseguida souberon que se trataba da profesora de Galego; Pilar, que é a mente detrás destas iniciativas de dinamización.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEggW_trg33tM8hCgI7KhuLAeqZ5rx1vPIIdehkl-g-UV67BBvi5qh1u-_NBwHyJtR82MvnZFZH-nQJQVzw7a2BTNF50izMm02FhsxrinQBZNlAGvBXoJQR0wqDqZgxiHFJpunobDsvFnw/s400/20191112_175143.jpg)
Coa intención de sorprender aos rapaces e rapazas, puxemos velas e libros do escritor nunha mesa no centro da estancia coas luces apagadas, de xeito que todo parecía o máis fantasmagórico posible. O alumnado de 1º da ESO entraba expectante pola teatralidade do momento, cando de súpeto, mentres estaban acomodándose, víronse interrompidos por un ser que ocultaba o seu rostro baixo unha túnica branca con rachaduras, coma se acabase de saír da procesión da Santa Compaña. Se ben é certo que enseguida souberon que se trataba da profesora de Galego; Pilar, que é a mente detrás destas iniciativas de dinamización.
Tiñamos preparada unha presentación coa que se ía ilustrando a lectura da “Máscara da morte Vermella”, ó tempo que a profesora lía o relato en voz alta, poñéndolle toda a paixón e o misterio que o momento precisaba.
Imaxinades que lles resultou unha sesión entretida, e estades no certo, pero ademais, pretendiamos chamar a atención sobre a importancia do modelo lector. Para que os rapaces teñan oportunidades de aprender dun lector adulto.
Por suposto, tamén participou algún voluntario lendo outros contos terroríficos de varios autores.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiswCPgHiWarR_yNYV9LnTsHDl16SP8vjwZLrsm_m3cQ9DC06O7hYs0l1Z6GYtONVpRaylboBybnWRkLO70ZfC-sEZD8DXf0YW0C3AlS74y4pTpHFUsV7MJFY5HCrs08erI4f2a0mHKsaU/s400/20191113_095545.jpg)
Deixamos una pequena lembranza desta sesión ó pé da nosa árbore do Samaín na biblioteca.
Tamén vos queda a presentación con fotos do evento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario