venres, 27 de novembro de 2020

OBRADOIRO DE MEMES CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

 

Como contabamos na entrada anterior, este curso a realización de actividades comúns presenta máis dificultades debido ao protocolo anti-covid, pero iso non pode acabar coa celebración dun día como o 25 de novembro. 



Os titores e outros profesores de diferentes materias que quixeron participar colaboraron no desenvolvemento de obradoiros para a realización de memes en contra da violencia machista. A actividade partía dunha presentación común que podedes consultar na seguinte ligazón

A partir das preguntas propostas nese documento e do debate que se deu nas aulas propúxoselle ao alumnado que crearan os seus propios memes contra a violencia machista, entendendo que a violencia de xénero non queda unicamente restrinxida aos golpes, insultos e ameazas, senón que comeza e se difunde de maneiras moito máis sutís que debemos aprender a detectar para evitalas.

Algúns dos memes creados nesta actividade están dispoñibles na seguinte ligazón e poderedes velos impresos durante estes días no vestíbulo de entrada do instituto.

Tamén tedes no corredor algúns textos da biblioteca sobre o tema. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario