venres, 20 de decembro de 2024

COMENTANDO PERSÉPOLIS COS RAPACES DE 2º BAC. BO NADAL!

Ola rapaces!

Xa preto das vacacións, non podemos esquecer falarvos da última reunión do noso club, aquela que xuntou a 18 de vós no anexo da biblio para comentar a novela gráfica Persépoli de Marjane Satrapi. Algún de vós queixouse do contenido político da obra e Dani explicounos que non a elexíramos para que vos gustara, senón para facervos reflexionar a dureza de certas situacións e, logo de meditalas, valorar a vosa realidade. 


María Lanza comentou aspectos técnicos e a relacionou co arte de primitivas civilizacións mesopotámicas.


Desexámosvos un bo Nadal! Esperamos que o descanso destas dúas semanas vos axude a comezar con entusiasmo o 2025.



martes, 17 de decembro de 2024

CLUB DE NARRATIVA XUVENIL. RESISTENCIA DE ROSA ANEIROS

No Club de Narrativa Xuvenil do 16 de decembro falamos coa rapazada de 4º da ESO e 1º de bacharelato da novela Resistencia de Rosa Aneiros

En concreto, o alumnado reflexionou sobre como a intolerancia ás diferentes ideoloxías e formas de ver o mundo das persoas pode truncar vidas cheas de esperanza. A obra sitúase no século XX en Portugal e concluímos que é preciso coñecer a historia e practicar o diálogo para evitar caer nas inxustizas do pasado. 

A seguinte obra que imos ler é o éxito de Domingo Villar Ollos de auga. Imos así a unha novela chea de acción e suspense.



domingo, 15 de decembro de 2024

SESIÓN DO CLUB DE NOVELA GRÁFICA: "MARÍA Y YO"

Ola rapaces!

O pasado mércores día 11 tivemos xuntanza da sección de 3º e 4º da ESO do Club de Novela Gráfica. Os profes estamos moi ledos da masiva participación, da madureza das vosas opinións e do respecto ao turno de palabra que demostráchedes!

Da conversa deducimos que a novela María y yo vos impactou. Chamou a vosa atención o tratamento do autor, o coñecido historietista Miguel Gallardo, da enfermidade do espectro autista da súa filla María. Miguel Gallardo decatouse que os seus debuxos calmaban a súa filla,  axudábanla a comprender de manera inequívoca os mensaxes e a procesar as novidades. O ilustrador desexou compartir este método de comunicarse con María coutras persoas para facer reflexionar como é o aprendizaxe dos nenos autistas. Fíxolo con esta novela gráfica que conta unhas vacacións en Canarias do pai e a nena, nun centro turístico chéo de alemáns. 

O xeito de ilustrar as rutinas que seguen ambos, con debuxos de trazos simples e expresivos en blanco e negro (e destacando a María en cor vermella), vos axudou a reflexionar e valorar o voso presente e a comprender como temos que afrontar situacións semellantes con semplicidade e sen sentimentalismos.

 

Desta novela gráfica que foi nominada a dous premios no Salón Internacional do Cómic de Barcelona do 2008, fixose logo un documental María y yo, que tivo moita repercusión e unha nominación aos Premios Goya do 2010. 

Sete anos despois da publicación do primeiro libro, Miguel Gallardo escribiu María cumple 20 años (Astiberri, 2015), que tamén o temos na biblioteca, para quen queira saber como segue crecendo María e como interactúa cos demáis. 

Vémonos na vindeira sesión!



martes, 10 de decembro de 2024

NOVA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA COS RAPACES DE 1º BAC

Ola rapaces!

O pasado mércores día 4 tivemos unha nova xuntanza da sección do Club de Lectura cos rapaces de 1º de BAC. Leron Cuando el viento sopla de Raymond Briggs e participaron activamente no debate posterior. 

Dani falou das comparacións coa pandemia recente. Patricia explicounos os detalles plásticos que María explicara na sesión de 2º de BAC. Emilio comentounos o ambiente da guerra fría no que está a historia ambientada


Para despois do Nadal tócanos a versión gráfica de El señor de las moscas do Premio Nobel William Golding. Esperamos que vos guste moito!



luns, 2 de decembro de 2024

SEGUNDA SESIÓN DO CLUB DE NARRATIVA XUVENIL COS RAPACES DE PRIMERO A TERCEIRO

Ola rapaces!

Hoxe tivemos a segunda xuntanza cos rapaces de 1º a 3º da ESO do noso club de Narrativa Xuvenil. Por fin rematamos a novela de Agustín Fernández Paz: A neve interminable


Gustános moito que os nove asistentes participastes e distes a vosa opinión. Destacou Antón Corral pola madureza da súa visión. 


A nosa vindeira proposta será Lúa nova de Irene Montero, escritora que coñecemos pola súa cálida visita do curso pasado.


Esperamos que vos encante coma a nós.