domingo, 15 de decembro de 2024

SESIÓN DO CLUB DE NOVELA GRÁFICA: "MARÍA Y YO"

Ola rapaces!

O pasado mércores día 11 tivemos xuntanza da sección de 3º e 4º da ESO do Club de Novela Gráfica. Os profes estamos moi ledos da masiva participación, da madureza das vosas opinións e do respecto ao turno de palabra que demostráchedes!

Da conversa deducimos que a novela María y yo vos impactou. Chamou a vosa atención o tratamento do autor, o coñecido historietista Miguel Gallardo, da enfermidade do espectro autista da súa filla María. Miguel Gallardo decatouse que os seus debuxos calmaban a súa filla,  axudábanla a comprender de manera inequívoca os mensaxes e a procesar as novidades. O ilustrador desexou compartir este método de comunicarse con María coutras persoas para facer reflexionar como é o aprendizaxe dos nenos autistas. Fíxolo con esta novela gráfica que conta unhas vacacións en Canarias do pai e a nena, nun centro turístico chéo de alemáns. 

O xeito de ilustrar as rutinas que seguen ambos, con debuxos de trazos simples e expresivos en blanco e negro (e destacando a María en cor vermella), vos axudou a reflexionar e valorar o voso presente e a comprender como temos que afrontar situacións semellantes con semplicidade e sen sentimentalismos.

 

Desta novela gráfica que foi nominada a dous premios no Salón Internacional do Cómic de Barcelona do 2008, fixose logo un documental María y yo, que tivo moita repercusión e unha nominación aos Premios Goya do 2010. 

Sete anos despois da publicación do primeiro libro, Miguel Gallardo escribiu María cumple 20 años (Astiberri, 2015), que tamén o temos na biblioteca, para quen queira saber como segue crecendo María e como interactúa cos demáis. 

Vémonos na vindeira sesión!



Ningún comentario:

Publicar un comentario