Ola rapazada!
O pasado mércores 19 tivemos unha nova xuntanza da sección dos pequenos do Club de Novela Gráfica. Coa incorporación de Valentina, o grupo vai medrando.
Lemos a versión en banda deseñada do clásico da literatura galega Memorias dun neno labrego, publicado en 1961 en Arxentina por Xosé Leira Vilas. A dura existencia de Balbino está adaptada e ilustrada por Iria Aldegunde dun xeito espléndido.
Algunhas rapazas lembraron a vida rural dos seus maiores, para outras a historia non lles atrapou totalmente xa que a viron afastada da súa vida cotiá, pero os profesores estamos moi ledos da traxectoria desta sección do noso Club. Cada mes nos amosan a súa madureza cos seus comentarios.
Parabéns!
Ningún comentario:
Publicar un comentario