sábado, 20 de xuño de 2026

FESTA DE DESPEDIDA DOS CLUBS DA BIBLIOTECA E CHARLA CON PABLO CARREIRO

Ola rapazada!

O pasado martes día 16 tivemos a festa de despedida dos Clubs da Biblioteca (Novela Gráfica, Narrativa Xuvenil e Debate) para a ESO. O evento consistiu nun xantar a sombra dos pinos da entrada do centro; a realización da enquisa por parte do alumnado que non a fixera con anterioridade; a última xuntanza do grupo de Narrativa Xuvenil sobre A balada dos unicornios e a última do grupo de Novela Gráfica sobre Rosalía Oculta; e unha charla-obradoiro co ilustrador vigués Pablo Carreiro, tamén invitado ao xantar.



Estamos moi ilusionados polo bo ambiente que se xenerou durante todo o curso nos nosos Clubs. E boa mostra del foi o comportamento da rapazada durante a comida. Disfrutamos e compartimos un rato moi agradable, onde os compoñentes dos diferentes clubs (46 persoas) se misturaron e compartiron experiencias.



Respecto as lecturas de A balada dos unicornios, e Rosalía Oculta que serviron de aperitivo á conversa de Pablo Carreiro, todos os participantes manifestaron a súa intención de continuar o vindeiro curso no noso club. Comentaron o seu pracer ao ler esta historia de fantasía de Ledicia Costas e esta versión ilustrada dos poemas de Rosalía de Castro.


O prato forte consistiu na conversa e o obradoiro de ilustración que dirixiu Pablo, partindo da súa triloxía sobre Chico, que é unha recreación da súa adolescencia no persoeiro de Berto. O vindeiro curso pretendemos ler esta historia e outra, escrita en galego, titulada Xirarei, un paseo por moitos puntos da nosa xeografía, Ferrol tamén, do que xa encargamos exemplares. 


Pablo contounos como xurdiu a súa vocación coma ilustrador. Logo dun rato de preguntas e respostas, comezamos o propio obradoiro, onde tivemos que imaxinar e debuxar un persoeiro, membro da pandilla de Berto e inspirado en nós mesmos.


A conversa pasou moi rápido e todos estábamos moi entretidos coas propostas de Pablo. Nos despedimos coas dedicatorias, tanto de Pablo nos volumes das súas obras na biblioteca, como de nós mesmos cara a el.


Grazas a todos por vir! Vémonos o vindeiro curso!



Ningún comentario:

Publicar un comentario