Ola a todos, bibliotequeiros e bibliotequeiras, se me permitides o neoloxismo!
Espero que comenzárades co bo pe o ano. Alégrome de ver de novo a biblioteca chéa, foron moitos días de soidade, aínda que non o pasei mal na compaña dos personaxes dos libros. Somos vellos amigos. Xa sei que moitos de vós aproveitáchedes os días de festa para ler e ler, e que algunhas traballaron moito na preparación do power point de Dragal. Como va a súa lectura por alí? Teño oidas (que vos escoito cando falades) opinións para todos os gustos.
Aproveito para pedir desculpas a Samuel e máis a Darío que pensaran que a nosa xuntanza do Club de Lectura ía ser hoxe. Claro, hoxe corresponde ao segundo martes de mes. Pero tedes que recordar que falamos de posponela para ter tempo de acomodarnos de novo a rutina do curso. Así que, espero coincidir con todos o vindeiro martes día 15 no horario de sempre. Esta vez, se queredes quedar a xantar, tedes que dicirllo a Cris o a Pilar antes do luns para que poidan avisar con tempo a Belén.
Noraboa a Inés e a Candela por ese traballo de Dragal. Estou emocionada!
ResponderEliminarUn biquiño de laranxa!
Cuchi
Gracias, Cuchi, en nome das dúas. Espero que sigas mandándonos rapaces coma elas.
ResponderEliminarSocas