sábado, 18 de xaneiro de 2014

Catro poemas inéditos de Rosalía de Castro

Ola poetas:

Estes días vén de presentarse unha verdadeira sorpresa para os amantes da boa poesía. Apareceron na Coruña catro poemas de Rosalía de castro!!! Non é sorprendente??? Eu estou abraiado. E sei dunha que debe de estar facendo cola na porta da Real Academia Galega (RAG) para poder consultalos no orixinal. 

As vidas están cheas de sorpresas e, ás veces, os poetas escriben os seus sentimentos nos lugares máis insospeitados. De aí que non se descubran ata moitos anos despois.


Velaí tedes estes catro poemas. Aparecen separados por asteriscos. Lede, lede. Non temos moitas oportunidades, coma esta, de disfrutarmos de boa poesía, poesía en dúas linguas. Romanticismo tardío? Rosalía de Castro? Perdoade a miña risa. Hahahahaha. Rosalía foi a mellor poeta (ou poetisa, como queirades) que deron as nosas Literaturas. So este verso "¡Con que es verdad que todo pasa, todo…!" adianta en case cen anos as expresións do análise temporal da "Generación del 50" e poemas tan relevantes como "No volveré a ser joven" de Jaime Gil de Biedma. 

Lede, por favor. En voz alta, por favor. Sos, por favor. Abrindo a fiestra, por favor -aínda que chova. 

Por favor.


“Dinche o corazón na man”

– Dinche o corazón na man
Dincho queridiña enteiro
Ca pirmeiriña esperanza
co pensamento pirmeiro.
Dincho cal neno que nase
De ilusións brancas cuberto
Caraveliño cerrado
ó teu calor dulce aberto.

– En solitarios herbales
Era rosiña escondida,
Solo para ti prantada
Para ti solo nacida.
E coma frol sensitiva
Baixo outra man se pregaba,
E solo onda ti vivia
E de ti lonxe muchaba.


* * *

Ah, cuando un hombre ansía
ser bueno y solo encuentra
la tentación y el mal en su camino,
la sombra y las tinieblas.

Cuando le rinde la fatiga y quiere
reclinar, pobre mártir, su cabeza
siquiera sea en el sepulcro, y siente
que le empuja ¡adelante! la tormenta.

 Y cuando va a gritar ¡Misericordia,
perdón! Mano funesta
su voz sofoca, y ciego, amordazado
al porvenir su porvenir le entrega.
 Y rueda de una sima en otra sima
[…]
 Al réprobo maldicen los creyentes
como a indomable fiera
y él maldice a su vez al universo;
Mas Dios, tan sólo Dios salva y condena.

* * *

¡Con que es verdad que todo pasa, todo…!
Ah!, devolvedme mi dolor, que al menos
él llenaba del alma solitaria
el desolado yermo.

Mas no hallar nada entorno
fuera de mi, ni en mi… ¡sueño funesto!
Ya ni gozar ni padecer siquiera:
es en la vida el verdadero infierno.

 * * *

Lleno del propio
[…]
Con faz cruel hacia el abismo eterno
[…]
De quien hube insensato de reír.

De nadie os fiéis y aún menos
de vosotros, os fiéis.
No hay más fiero enemigo que el que oculto
en nuestro propio corazón, la hora
de derribarnos acechando está.

Rosalía de Castro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario