Ola rapaces!
Estiven un pouco atarefado ultimamente preparando a festa sorpresa da miña benquerida tía Socaiñas, unha trasniña do máis agarimosa e lectora, polo que non puiden facer a consabida crónica da nosa última sesión. Primeiro teño que tirarvos das orellas a algúns porque vos fostes da biblio sen recoller os restos da nosa comilona. Iso non está ben.
Pasando a nosa xuntanza, contamos coa agradable visita de Teresa, a secretaria do centro, que falounos das redes sociais e a súa aplicación no noso club. Por certo, que teño que dicir que en menos dunha semana xa teño case 100 seguidores en twitter e 50 en instagram. Como o vedes?
Logo, Miriam en solitario porque a súa compañeira Antía se encontrou mal en non puido vir (esperamos que esteas xa recuperada totalmente), nos falou da lectura deste mes, Las chicas de alambre de Jordi Sierra i Fabra. Foi unha mágoa que non dera tempo de falar en profundidade do libro, que en xeral gustou bastante e, sobre todo, do grave trastorno que é a anorexia nerviosa. Cris tratou un pouco o asunto e puxo unhas fotografías que poñían o vello de punta. Menos mal que a nos, coa cantidade de pizza que comemos nas nosas reunións, non creo que nos dea por non comer. Pero como nunca se sabe, atendede e comer san, variado e abundante para medrar guapiños e fortes.
Espero poder ampliar o asunto da anorexia coa axuda de Cris en vindeiras entradas. Estade atentos, rapaces.
Saúdos:
Socas
Ningún comentario:
Publicar un comentario