ITINERARIOS: "AS MENINAS DE CANIDO" e "AS MENINAS NO SOFÍA".
Fotografía: Diario de Ferrol |
Hoxe, 16 de
marzo, estivo de novo connosco o pintor Eduardo
Hermida, promotor do itinerario “As Meninas de Canido”, movemento artístico
reivindicativo que quere chamar a atención sobre o abandono dese barrio
ferrolán:
https://es-es.facebook.com/meninasdecanido).
https://es-es.facebook.com/meninasdecanido).
Eduardo viñera o ano pasado entregar os
premios ás gañadoras do concurso “As Venus do Sofía”, organizado polo Departamento de Debuxo; daquela invitou aos presentes a participar nas
“Meninas de Canido”. E no Sofía participamos,
claro que participamos. Queredes saber como? Entrade en “As Meninas no Sofía: ReciclArte e LiteraturizArte”.
Hoxe volveu
Eduardo. Con el vimos o vídeo que
nos recordou como Canido pasou de ser “a horta de Ferrol” a ser un barrio en estado
de abandono. Ante a tristeza e o deterioro que o rodeaba, no verán de 2008 Eduardo
Hermida decidiu sacar a cor do seu estudo para encher de meninas as paredes das casas
abandonadas... Se queres saber que pasou despois, no vídeo poden contarcho moito mellor.
Pero algo
adiantamos: o que empezou coa idea de actualizar un cadro pertencente á cultura
universal para reivindicar o estado dun barrio -como tantos outros que
están caendo sen que ninguén faga nada por evitalo-, converteuse nun grito de
cor a favor da arte na rúa, da arte do pobo, da arte que ten que estar en todo
o que facemos, en todos os espazos… Un grito da arte pola arte ao que acoden
autores das máis diversas nacionalidades. E aínda máis: seguindo a liña de “As
meninas de Canido” comezaron movementos similares –con outras obras de arte- en
Italia, Eslovenia e Francia. E continúa…
Despois de
ver o vídeo, iniciouse un coloquio. Preguntas como “Cal é a túa menina favorita?”, “Tes algún
estilo preferido?”, “ Vives da pintura?”, “Que foi o mellor da experiencia?”, “
Como soubeches que querías adicarte á arte?” e outras foron contestadas por
Eduardo Hermida.
Desde o IES Sofía Casanova agradecemos a túa visita, Eduardo. Toda unha inspiración para nós.
Desde o IES Sofía Casanova agradecemos a túa visita, Eduardo. Toda unha inspiración para nós.
E despois de ver-ler...
Os alumnos de 4º EPV, con María Lanza, verán...
Que lecturas acompañarán esta vez ao cadro? Queredes participar na elaboración do novo itinerario lector? Se é así, xa sabedes onde estamos...
Qué ben! Gústame moito ver como a miña biblio chease de actividades. Parabens!
ResponderEliminar