Ola rapaces!
Como esta semana foi tan completiña, aínda non fixemos a entrada da visita a Geriatros do mércores día 25.
As palabras quédanseme curtas, pois se sempre estou orgulloso de vós, o desta volta foi incrible. Todos, absolutamente todos. Dende os Quixotes, Sanchos, ata os portadores dos muíños, pasando polo Ginés, o Garda, a Sobriña, a Ama, o Cura e o Barbeiro, e polas recitadoras de sonetos, e, como non, a nosa presentadora, todos, todiños estivestes de dez.
Parabéns!
E grazas polo voso tempo, polo voso entusiasmo que non para de medrar. E xa somos vinte e dous!
O mellor será que botedes unha ollada aos vídeos que preparou, coma sempre, Vily.
Sodes un orgullo para a nosa comunidade educativa!!
ResponderEliminarParabens
Opino o mesmo. Sodes estupendos.
ResponderEliminar