Ola rapaces! Esta vez escribo xustiño ao remate da nosa sesión de hoxe sobre a novela de María Solar, Os nenos da variola.
Logo dalgúns problemas de última hora, Carlos fíxonos unha estupenda presentación. Falounos da vida e obra da escritora, presentadora da TVG. Contounos o argumento da novela, baseado en feitos reais, a Real Expedición Filantrópica da Variola, no ano de 1803. Describiunos os personaxes: os nenos (Ezequiel, Clemente, Inés, Benito, Tomás...); os doctores (Posse, Balmis, Salvany); as mulleres (Isabel de Zendal, Candela, a irmá Valentina...).
Tamén vimos un reportaxe sobre a serie 22 anxos, sobre a historia épica desta expedición.
Tamén vimos un reportaxe sobre a serie 22 anxos, sobre a historia épica desta expedición.
Como xa é habitual, Eva preparounos un xogo sobre a novela. Esta vez un Kahoot, moi dinámico e divertido.
Espero que vos gustara a sesión. Vémonos pronto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario