Ola rapaces!
Este día 24 de febreiro celébrase, como sabedes, o Día de Rosalía. Nosoutros tamén quixemos destacar a figura desta aurtora e participamos en actividades encamiñadas a difundir a importante obra da escritora galega. Nesta ocasión seguindo a iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que este ano ten como lema #ErrantesPoloMundo_drc_20, quixemos tamén chamar a atención sobre o problema das migracións, como vimos facendo fai dous cursos no tratamento das efemérides do Día da Paz, que podedes leer en entradas anteriores do noso blog.![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiGc2w-cmUs-G-FoVGdeFeqFet45p2p4HT-OPsIiYPNy22vcUTGFsRqsMOeqdU_WmZ08i-lcftzQAdPGvGV36s7gIXkGKOrBOd69CW4MIaR78uj-1GyBJ_L3wNmqzuOmkrGdRGWmIbsMg/s640/24+DE+FEBREIRO+%25281%2529.jpg)
Para iso fixóse unha escolla de poemas e libros que deixamos nunha exposición na entrada do instituto. Aquí algúns profesores fixeron lecturas de poemas cos seus alumnos, para insistir no desarraigo e nos sentimentos que deixa a necesidade de emigrar que relata Rosalía, como medio de achegar ó alumado a comprensión da problemática que afecta os migrantes e refuxiados que están a producir diferentes conflitos no mundo.
No blog de dinamización tedes máis infomación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario