xoves, 13 de febreiro de 2020

O POETA KARLOTTI CONNOSCO

Ola rapaces!
Na última sesión do Club de Poesía e Manga do martes 11, tivemos a sorte de contar coa presenza do poeta Juan Carlos Valle, "Karlotti" (Maside, 1949). Karlotti, aínda que naceu en Ourense, pasou a súa infancia e xuventude en Valladolid para recalar dende hai máis de vinte anos na nosa cidade, onde, xunto con Guillermo Ferrández e outros poetas, concibiu e alentou o desenvolvemento da "Semana da Poesía Salvaxe", da que noutras ocasións falaramos aquí.


Dun xeito moi sinxelo, con voz suave pero firme, foi narrándonos as súas vivencias e o seu descubrimento da poesía, entreverando feitos con poemas. Deixounos abraiados co relato da súa viaxe (non cofundir turista co viaxeiro) co circo. O que ía ser unha estancia dun verán en Praga, converteuse nunha aventura sen data de retorno que o levou ata Irán, Afganistán, Pakistán e India, como integrante dun enorme circo onde traballou facendo de todo, ata de paiaso. Pero o seu alcume, xa viña de antes, dos anos de rebeldía en Valladolid, onde deixarse barba era toda unha declaración de principios. Ao tempo que viaxaba co circo ía volcando en versos a súa incrible experiencia.

"llueve tarde
como siempre en bangkog
en la parte dulce
de la periferia
la carpa tricolor fondea
plagiando las esbeltas barcazas
de equívocas derrotas
el río cede su alma de prostituta
a la parte oscura de los acróbatas
mientras en las trastiendas ardientes
los elefantes leen
el futuro
en las húmedas palmas de tu mano
perdona al intruso
domadora indescifrable
pero los fabulosos posos del sueño
están en el fondo de tus ojos
que hacen de mi corazón
un concurrido
cementerio de elefantes
              "El perdón del intruso" en Escolma Salvaxe (Ferrol, 2007-2013)

Contestou amablemente a todas as nosas preguntas. Escoitou con gusto a algúns de nós que quixeron mostrarlle os seus "pinitos" poéticos. A todos nos animou a seguir nisto.


Deixámosvos cun enlace ao seu blog karlotti.com.

E coa recomendación que nos fixo de ler, falar, escribir POESÍA. Sempre!

Ningún comentario:

Publicar un comentario