mércores, 26 de maio de 2021

ACCIÓN ARTÍSTICA CONTEMPORÁNEA

 Ola rapaces!

Desde onte 25 de maio, pódese visitar na Sala Julia Minguillón do Centro Cultural Torrente Ballester os traballos realizados polo alumnado de 3º ESO dentro dos obradoiros de artes visuais impartidos por Ladislau da Regueira durante o último mes. Esta actividade naceu como unha iniciativa dos departamentos de Educación Plástica e Visual e de Xeografía e Historia no marco do Club de Letras para utilizar os recursos do Espazo Maker, pero foi crecendo coas achegas de toda a comunidade educativa do IES Sofía Casanova e coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol.
Durante os próximos días realizaranse polas mañás visitas guiadas á maior cantidade posible de grupos do noso instituto, adaptándonos ás necesidades impostas pola situación que estamos vivindo. 
Animámosvos a visitar esta exposición que estará aberta ata o domingo 6 de maio e desfrutar do traballo realizado polos nosos estudantes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario