sábado, 29 de maio de 2021

PROXECTOS SOBRE IGUALDADE E CONVIVENCIA NO CENTRO

 

Ola rapaces!

Agora que vai rematando o curso, hora é de facer un pouquiño de repaso ás actividades feitas, e ós proxectos desenvolvidos. 

A biblioteca, a través das profes do equipo de biblioteca, Vily e Eva, xunto con outros docentes do centro participou en dous proxectos ben interesantes como parte dun PFPP de Programas Contrato. Vily cóntanos: "Vimos  necesario seguir avanzando nas liñas de traballo prioritarias do centro, club de ciencia, STEMBACH, convivencia e e igualdade, así como reflexionar sobre a actualización dos espazos do centro e a formación do profesorado para afrontar os retos que impón a situación de emerxencia sanitaria e o ensino non presencial, para o que se teñen que activar novos modelos de comunicación e atención á  diversidade. Estes en esencia son os obxectivos do PFPP de Programas Contrato do centro, e dentro deste contexto formativo desenvolvéronse dúas liñas de traballo nas que colaboramos desde a biblioteca."

Estes dous proxectos levan estes nomes:

  • Mellorando a igualdade no IES Sofía Casanova.

Os obxectivos eran: Sensibilizar e implicar ao alumnado en materia de igualdade de xénero e apostar pola coeducación como camiño á liberdade individual. Construír con toda a comunidade educativa un espazo coeducativo, igualitario e desde a premisa da equidade. Avanzar na educación emocional e a xestión das emocións.

Traballaron os seguintes contidos. Habilidades sociais, Diversidade cultural, sexual e de xénero. A muller na literatura, na arte, na ciencia e na cultura en xeral.

  • Mellorando a convivencia no IES Sofía Casanova. 

Os obxectivos eran: Promover un axeitado clima de aula e de centro, considerando as relacións globais entre o profesorado, o alumnado e entre os dous colectivos.  Impulsar a participación colaborativa das familias e doutras institucións e entidades na mellora da convivencia escolar, sempre que sexa posible, priorizando videoconferencias no canto de actuacións presenciais de persoas alleas ao centro. Estimular as competencias emocionais no alumnado, sobre todo na situación particular correspondente a este curso.

Os contidos traballados foron: O acoso escolar. O autocoñecemento. Resolución de conflitos. Mediación escolar. 

Algunhas das actividades realizadas xa quedaron reflectidas  no noso blog como "O Obradoiro de memes contra a violencia de xénero", " O Día da Paz", "Día de Rosalía", "Mes da Nena e a Muller na Ciencia", "Día da Muller", e un largo etc, de actividades nas que colaboramos desde as perspectivas de mellora da igualdade e da convivencia. Pero houbo moitas máis como "Exposición de carteis sobre mulleres científicas", "Experimenta en feminino", "Calendarios de mulleres astrofísicas", "Concursos de fotografía Convivencia e Igualdade".

Por último, a biblioteca tamén  colabora  coa realización deste folleto de recomendacións literarias sobre Igualdade e Convivencia. Esperamos que todo isto nos faga un pouco más conscientes da súa importancia!

1 comentario:

  1. Casino - Biloxi, MS | Book online and live | JT Hub
    The JT Rewards program provides you with the opportunity to earn points towards the best 당진 출장샵 Casino 포천 출장안마 in 공주 출장안마 Biloxi, Mississippi. 서귀포 출장샵 This 포천 출장안마 program is free to use!

    ResponderEliminar