Ola rapazada!
O pasado martes 19 tivemos unha xornada moi especial na nosa biblioteca. Pretendíamos facer unha despedida emotiva para as rapazas e rapaces de Bacharelato que participaron durante este curso nos dous Clubs de Lectura: o de Novela Gráfica (onde algunhas rapazas xa levan catro anos de experiencia); e o de Narrativa Xuvenil (onde se apuntaron por primeira vez este curso).
Por isto, decidimos xantar todos xuntos e, como o tempo acompañou, puidemos facelo ao aire libre, nas mesas do patio exterior, onde tivemos tamén a nosa última conversa literaria sobre a novela gráfica Contrapaso de Teresa Valero.
A continuación, Dani guiounos nun interesante roteiro sobre outra novela lida anteriormente: Cinza de Manoel Cráneo sobre o texto de Xavier Alcalá. Sabedes que fala da vida dun estudiante ferrolán, trasunto do autor, e nos presenta as súas andainas polo Ferrol da década dos 50 do século pasado.
Así, primeiro visitamos o IES Concepción Arenal (onde estudou o protagonista da novela) e quedamos abraiados pola súa señorial biblioteca. A continuación, fumos parando en distintos puntos do barrio da Magdalena: plaza de España, plaza de Armas, plaza de Amboage, comparando as vistas das ilustracións coas actuais.
As anécdotas contadas por Dani foron moitas, comprobamos o transcurso do tempo polas vellas pedras da nosa cidade; e, sobretodo, disfrutamos tanto con esta experiencia de camiñar lendo, ou ler camiñando...
Grazas pola vosa asistencia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario