mércores, 20 de maio de 2026

OS CADERNOS POÉTICOS: UN FERMOSO TRABALLO EN 2º DA ESO

Durante o 2º trimestre, o alumnado de 2º da ESO traballou a lírica na materia de Lingua Castelá e Literatura.


Froito das lecturas e dos xogos que se plantexaban na aula xurdiron os cadernos poéticos que podedes ollar estes días na entrada do noso centro. 


O alumnado traballou sentimentos, recordos, desexos ou medos a través de estruturas poéticas nas que o verso libre viuse enriquecido coas anáforas, os encabalgamentos, as repeticións ou os paralelismos, entre outras figuras.


Os poemas presentan debuxos alusivos aos poemas feitos tamén polo alumnado.

Non vos perdades estas verdadeiras xoias!



Ningún comentario:

Publicar un comentario