xoves, 7 de novembro de 2024

ACTIVIDADES DE SAMAÍN

Ola rapazada!

Durante o mes de outubro tivemos no noso centro dúas actividades relacionadas co Samaín: o concurso de microrrelatos e a lectura de contos de medo dos compañeiros e compañeiras de Literatura Galega do Século XX e a Actualidade para o alumnado de 1º da ESO.





Concurso de Microrrelatos: desde a Biblioteca e Dinamización Lingüística estamos moi contentos coa altísima participación neste concurso! Foi moi difícil determinar os microrrelatos gañadores, había tantos terroríficos...!



Podedes ver os gañadores no mural da entrada:

1º E 2º ESO

1º PREMIO: “As sete meigas” de Iria Zaragoza López de 2º D

ACCÉSIT: “Os homes lobo non son fantasía” de Noa Seoane Rubiños de 2º D

 3º E 4º ESO:

1º PREMIO: Antón Corral Rodríguez de 3º D

1º PREMIO: Sofía Bores Caruncho de 3º A

ACCÉSIT: “Terror no dentista” de Alejandro Romero Soto de 3º C

Parabéns para elas e eles!!!

Lecturas de contos de medo: Laura, Lola, Antón, Pablo, Thién, Carlos, Sofía e Helena son os alumnos de 1º de Bacharelato que cursan a materia de Literatura Galega. Nesta materia escolleron e adaptaron distintos textos da historia da nosa literatura relacionados co misterio, co medo e con personaxes propios da nosa tradición para lerllelos aos compañeiros máis novos do centro, os de 1º da ESO. Ademais acompañaron os textos de imaxes e sons para facelos aínda máis misteriosos!





Ningún comentario:

Publicar un comentario