Ola rapaces!
O pasado mércores tivemos a xuntanza da sección de Novela Gráfica dos rapaces de 2º de BAC. Estamos moi ledos de ver que, no medio de tantos exames, vinte de vós tiveches tempo de ler Cuando el viento sopla e de vir falar da súa lectura.
Pero, rapaces, na vindeira semana, desexamos que faledes un pouquiño máis das vosas impresións, e que non vos teñamos que interpelar.
O caso foi que a xuntanza estivo animada polas explicacións dun nutrido grupo de profes de distintas materias que aconsellaron novos xeitos de achegarnos a obra de Raymond Briggs. Especialmente María Lanza nos fixo reflexionar sobre a cor e o tamaño das viñetas e o tempo de realización desta obra.
Unha parella de anciáns, no clima da guerra fría, sofre o medo dunha bomba nuclear, angustiados pola soidade, as lembranzas dos bombardeos nazis...
O ilustrador consegue que a súa incerteza produzca en nós tenrura e emoción...Vémonos na vindeira xuntanza que será con Persépolis de Marjane Satrapi.
Ningún comentario:
Publicar un comentario