Ola rapazada!
Hoxe tivemos dúas sesións do Club de Narrativa Xuvenil. No primeiro recreo xuntámonos as rapazas de 1º de ESO logo de ter adiada a sesión por causas alleas á nosa vontade. No segundo tivemos a sinalada reunión co alumnado de 4º e bacharelato. Nesta entrada falaremos da primeira xuntanza e noutra posterior da segunda.
Na sesión comentamos a lectura dunha novela da saga Formigas de Pepe Tobaruela e que xa vai polo volume 8: Misión París, Misión Nova York, Misión Barcelona, Misión Tokyo, Misión Camiño de Santiago, Misión Rosalía, Misión Entroido e Misión Samaín.
Concretamente limos Formigas: misión París. Nela a brigada especial da policía chamada Formigas integrada por FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 E FORM4IL resolve a desaparición de varios persoeiros arrincados de cadros do Museo do Louvre como a rapaza do cuadro de Delacroix A liberdade guiando ao pobo.
A novela resultoulles fácil de ler e gustou moito ás nosas sete rapazas lectoras (Alicia, Antía, Blanca, Inés, Laia, Sabela e Xiana), algunhas das cales xa coñecían París e o Museo do Louvre.
Vémonos na seguinte xuntanza con O misterio de Portomarín de Antía Yáñez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario