mércores, 22 de maio de 2013

OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE

Escapei do meu recuncho, na hora da sesta, porque estaba a escoitar moito balbordo nos corredores. Si, xentes diversas acudían cara ao salón de actos. Dinme. Vou ata alí por un dos moitos pasadizos que poboan o subsolo deste xa cincuentón edificio. Non podía crer na miña sorte. Hoxe tiña función teatral de balde. Acomodeime entre os familiares e que grata sorpresa. Tan preto da miña casa tiña a ocasión de desfrutar dunha estrea mundial, Os vellos non deben de namorarse  de Castelao en versión do profesor José Luis Paz. Que bo traballo en equipo. Dende o protagonista ata os secundarios máis modestos. Parabéns a todo o elenco de actores e técnicos! Rínme de veras coas catro irmás chorando e berrando tras o cadaleito, emocioneime coa canción de "Lela" na voz das dúas rapazas Candela e María José. E ata mesmo me asustei ao ver morrer ao boticario dun xeito tan real, que dous espectadores miúdos murmuraban entre eles "Non é de verdade, oh?"
Grazas por facerme compartir o voso entusiasmo, rapaces! 
Co agarimo,

Socas


Ningún comentario:

Publicar un comentario