Ola rapaces!
Hoxe tivemos unha nova xuntanza do Club de Novela Gráfica co comentario da versión gráfica do clásico do Premio Nobel William Golding El señor de las moscas. Cóntanos o acontecido a uns rapaces que logo dun accidente aéreo quedan nunha illa deserta sen a presenza de adultos.
Os roles entre eles repártense, para algúns resulta un xogo, para outros a aventura da súa vida. Coa axuda da caracola distribúen a quenda da palabra, e tratan de organizarse democraticamente pero pronto xorden actitudes violentas.
Os rapaces atopan unha imaxe que lles aterroriza e fantasean cun ser superior ao que chaman a Bestia e ao que culpan da súa maldade. Dani relacionou esta proxección máxica cun sentimento do ser humano de non culpabilizarse a si mesmo e que habita connosco dende o principio dos tempos.
En xeral, os asistentes mostraron o seu gusto pola obra e a súa versión gráfica. Moitos de vós, especialmente Lara, Carlos, Saúl e Adrián contástesnos as conclusións da súa lectura.
Vémonos na seguinte sesión!