Ola rapazada!
O pasado venres día 25 por fin tivemos o adiado encontro literario coa escritora Antía Yáñez. Asistiron os membros do Club de Narrativa Xuvenil de 3º ESO (Sofía, Pablo, Marcos, Brais, Esther e Antón), que leron dous libros da autora: O misterio de Portomarín e O misterio do torque de Burela; os rapaces do Club de Narrativa Xuvenil de 1º BAC (Hugo, Laura Galfout, Clara, Laura Pernas e Erika) así como os alumnos de Literatura Galega do Século XX (Thién, Antón, Pablo, Laura Canosa, Helena, Sofía, Carlos e Lola), que leron todos Senlleiras. Acompañaron aos rapaces as profes Lucía, Raquel e Montse que tamén leran textos un pouco máis adultos como Non penses nun elefante rosa.
Foi un estímulo máis para celebrar o Día do Libro. O tempo quedou un pouco cortiño para a conversa coa autora que contestou as preguntas dos rapaces entre elas, contounos que as novelas están ambientadas en Burela por ser a súa terra, e Portomarín, porque é a dos seus avós.
Tamén nos escribiu varias dedicatorias dos seus libros para a nosa biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario