domingo, 4 de maio de 2025

ROXÍN ROXAL: UNHA NOVA LECTURA NO NOSO CLUB DE NOVELA GRÁFICA

Ola rapazada!

Esta semana que hoxe remata, tivemos tamén unha nova xuntanza cos pequeños dos nosos Clubs. Leramos a novela gráfica Roxín Roxal. A daga do conde de Brais Fierro y Manel Cráneo. Lembramos que fai dous anos tivemos a visita do ilustrador Brais Fierro que impartiu un obradoiro sobre o seu traballo.

Asistiron a xuntanza Dayana, Sara, Sara, Gabriela, Emma, Irene e Carolina.


En términos xerais, gustounos a novela, aínda que para algúns quedouse un pouco curta

Comentamos a relación da novela coa lenda medieval protagonizada pola familia dos Andrade, os señores feudais da zona de  Pontedeume. Aproveitamos para falar de posibles excursións aos castelos conservados na vila.


A seguinte novela, a última deste curso, será En camiño de José Ángel Ares e Paco Hernández, ambientada no camiño de Santiago na actualidade. E esta xa supón un esforzo maior xa que é un pouco máis longa. Tamén estamos a preparar unha xuntanza cos alumnos do Club de Novela Gráfica do veciño Instituto Saturnino Montojo. 

Pero amodiño!

Ningún comentario:

Publicar un comentario