mércores, 28 de maio de 2025

ÚLTIMAS XUNTANZAS DO CLUB DE NOVELA GRÁFICA

Ola rapazada!

Hoxe tivemos dobre sesión dos clubs de novela gráfica para ir despedindo a temporada, se ben a despedida como tal virá o vindeiro martes no xantar do grupo.


No primeiro recreo xuntámonos os rapaces de 3º e 4º para analizar Maus de Art Spiegelman, a magna obra magna sobre o Holocausto que reflicte as lembranzas do pai do autor, xudeo polaco supervivinte dun campo de exterminio, e que fala tamén da dura relación entre o pai e o fillo. 



Comentamos a pegada da lectura, que a moitos afectounos un pouco. Fixemos plans para o curso que ven, e tamén a foto do grupo.

No segundo recreo tocaba a última sesión do alumnado de 1º de BAC, para comentar El cuerpo de Cristo de Bea Lema. Mais estaban un pouco atarefados cos exames e a xuntanza foi rapidiña. 

De todas formas, vémonos moi pronto no xantar e na visita de Bea Lema.

Esperámovos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario