Hoxe reunímonos para comentar a nosa lectura dunha novela gráfica de Paco Hernández e José Ángel Ares que se chama En camiño e que está editada por La Cúpula.
A novela relata como Emma, unha moza introvertida e con bastantes problemas persoais, decide emprender o camiño de Santiago desde Roncesvalles. Alí coñece á extrovertida Abigail, da que se fai moi amiga. Xuntas emprenderán un camiño que as levará a atopar o sentido ás súas vidas.
Na reunión, divertida e enriquecedora como todas as deste grupo, houbo valiosísimas achegas por parte de todos os participantes. Houbo quen observou como a fría cor azul das imaxes enriquécese coa presenza de diversas cores cando Emma sente liberada dos seus problemas persoais. Houbo quen sinalou que na novela atopamos moitas personalidades diferentes que comparten a necesidade de encontrar o seu sitio no mundo. E tamén ocorreu o que máis gratifica un profesor de literatura, o feito de que o alumnado sexa capaz de facer relacións entre libros. Concretamente, na reunión observouse acertadamente que En camiño e A caixa de música (o libro de lectura na materia de Lingua Castelá este terceiro trimestre) comparten o mesmo tema: a necesidade de superar os medos e atopar o noso lugar ou “camiño” no mundo.
Foi un pracer compartir recreos convosco durante este ano. Oxalá continuemos coas mesmas ganas o curso próximo.
Vémonos na comida que celebraremos o día 10 de xuño!
Ningún comentario:
Publicar un comentario