martes, 20 de maio de 2025

ENCONTRO LITERARIO CON MANU CARBAJO

Ola rapazada!

Un grupo de alumnos voluntarios de 4º da ESO apuntouse a lectura dunha novela fóra do programa académico. Tratábase da obra Gritarán mi nombre de Manu Carbajo. E hoxe veu o escritor a falar da súa novela. Foi un luxo contar con el para que nos mostrara o contido da súa obra onde un rapaz moi intelixente chamado Nino ten que afrontar o final da súa etapa do instituto e comezar a vida universitaria. 


A novela, unha homenaxe a historia de O doctor Jekyll e Mr. Hyde do escritor escocés Robert L. Stevenson, critica o poder corruptor das redes sociais na nosa xuventude.  


Finalmente, Manu Carbajo contounos a súas inquedanzas cando tiña a nosa idade, e como da meteoroloxía, pasou ao cine e logo a narrativa. Fixo finas observacións para que non nos deixemos corromper pola dependencia das redes sociais, valoremos as amizades persoais e acodamos a lectura e ao mundo audiovisual. 


O alumnado entablou un diálogo co escritor que nos fixo profundar sobre estas cuestións. Logo o escritor nos dedicou a novela. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario