martes, 25 de xuño de 2013

PRÉSTAMO ESTIVAL

Ola rapaces! 
Mañá viredes por aquí coa emoción de recoller as vosas notas. Contentos uns, algo preocupados outros. Pero todos desexando comezar as merecidas vacacións. Propóñovos que non esquezades meter na vosa maleta de viaxe un bo libro deses que non puidestes rematar durante o curso. Aquí vos deixo algunhas suxestións. Mañá a biblioteca abrirá nun horario especial para que poidades sacar os libros e películas que máis vos gusten, ata tres, que non tedes que devolver ata setembro.




E, se vos parecen poucos, mirade este enlace que contén moitas novidades.


Bo verán cheo de lecturas!

luns, 24 de xuño de 2013

As fotos da última sesión do club de lectura deste curso (con mereeendooolaaaa!!!):

Ola, poetas:

Sei que xa andivo o cativo do Socas trouleando por aquí e que colgou unhas fotos das deliciosas tartas que comemos o martes 18. Se virades como estaba ao día seguinte. Teño entendido que Pilar e Cris e Ana foron  mercar uns pantalóns novos, porque os seus non lle pechaban. Ai, como é!

En fin, eu aparezo por aquí antes de marchar de vacacións para deixarvos una breve presentación da sesión de El libro de los portales de Laura Gallego. Cecilia e Raquel, de 3º de ESO, fixeron unha presentación moi amena e ben traballada, sobre todo no que se refire ao análise das personaxes (que xa sabedes todos que tanto me gusta). A continuación, fixemos unha boa merendola coas tortas e todos e os biscoitos que trouxestes. 

El libro de los portales con merendola. on PhotoPeach

Quen tamén estivo con nós foi Pablo, de 1º de Bacharelato, que nos deixou a todos abraiados co seu dominio do piano. Para que vexades -e escoitedes- déixovos un exemplo.


Espero que todos disfrutarades das sesións do noso club de lectura tanto coma min. Foi un auténtico placer amosarvos as miñas opinións e discutir de cando en vez sobre os universos que crean outros para que nós lles deamos vida. Estou desexando que nos volvamos a ver tras o descanso estival e nos contemos todo o que limos durante as vacacións. Socas xa me ten preparada unha morea de bos libros que levar á praia. Falade con el e veredes como os ha recomendar unhas cantas lecturas que non esqueceredes.

Que teñades o primeiro mellor verán das vosas vidas.

xoves, 20 de xuño de 2013

VIDEO SOBRE A EXCURSIÓN A SOBRADO DOS MONXES E SANTIAGO

Raquel Nogueira quere compartir con todos nos este precioso vídeo sobre aquela viaxe da que falamos. Xa os botan de menos alí.

martes, 18 de xuño de 2013

A NOSA III EDICIÓN DA FESTA DAS TARTAS LITERARIAS

Ola rapaces!
Con que ledicia fago hoxe a crónica da nosa Festa das Tartas! Se me descoido case non me deixades probar ningunha. E iso que había de todo e todo cunha boa pinta! Pero cando marchastes puiden aproveitar e catar un pouco de todo: a de limón coas letriñas, a dos libros de regaliz, a de chocolate e nata, o libro forrado de pel, a de Jane Austen, as bolachas, os monstruos das bolachas, a do libro dos portais ... e tantas outras. Como era de esperar, a nosa derradeira sesión foi especial por todo: pola música de Pablo Fraguela, pola visita do grupo de "cumpreaneiros" se me permitides a expresión, Por suposto, Raquel e Cecilia deron a talla coa súa presentación do libro de Laura Gallego, que segue a provocar grandes amores e grandes odios entre nós. E os que non puidestes lelo, agora que remataron os exames, tedes a vosa oportunidade.


o
Nota: Emilio, sinto que non puideras vir, ainda que algún bo samaritano acordouse de levarte un pouquiño de tarta. 

domingo, 16 de xuño de 2013

CUATRO CALAS EN LA EXPRESIÓN POÉTICA SALVAJE Y IV

E con esta entrega chega ao seu final a ampla crónica de Emilio sobre a Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol. Nela atoparedes dous gratas sorpresas. Grazas a xentileza de Karlotti e Guillermo podemos reproducir aquí (e fainos especial ilusión) a proclama da Semana e varios poemas destes dous poetas.

Viernes, 26 (y II)
   23:30 en Carteles (Sol, 139). Mariano y yo esta vez, por la causa. Ambientazo de viernes y de poesía y de copas. Poemas y lecturas de Alfredo, Xiana, Olalla, Ildefonso Rodríguez, Chefa Alonso y Cova Villegas, y Adolfo García Ortega. No sé si es por lo salvaje de las Semanas estas o por lo golfa, pero me parece que la poesia se bebe mejor de noche.
   Guillermo se sienta un rato con nosotros. Karlotti, otro rato. Procuramos charlar bajito sin molestar las lecturas, y sin mostrar desatención. Hay mucho conocido y conocida, habituales de las Semanas, aficionados a la poesía y/o al salvajismo, o simples noctámbulos finiseculares que resisten en esta década sin nombre.
   Flota en el aire viciado del viernes la queja de agotamiento, et pour cause. Es grande el trabajo de organizar todo esto, de encajar los eventos, de recibir a los participantes, y las prosaicas pero inesquivables cuestiones de intendencia. Tiene mucho mérito, teniendo en cuenta además que el ayuntamiento, desde la fácil arbitrariedad del poder, ha retirado toda subvención. Contra viento y marea, se ha conseguido el dinero en estos tiempos de hambre aguzando el ingenio, apelando al apoyo civil de los amigos, ferrolanos, compatriotas, a la solidaridad de los aficionados, de los admiradores, de los cofrades, de los compadres, de todos. Gracias a las musas, ha salido bien.

   Mañana todo el día habrá más cosas, músicas, gestos, poemas, y como colofón aquí en Carteles, (re)fiesta final. Pero para mí, para Mariano, esto es el verdadero fin de fiesta de la VI (y sin haberlo intentado, me ha salido un pareado: todo se pega, menos la hermosura). Mañana toca descansar, y eso que la lectura de Cirlot por Javier Semprún apetece mucho. Recuerdo hace dos años, en Cazadores, una dramatización de El Cuervo de Poe impresionante. Me consuela, nos consuela saber que en lugar de nevermore podemos graznar everagain, en la confianza de que el año que viene a la VII tampoco será la vencida.



Proclama:
Os poetas declaramos o estado de urxencia ante a usura e a mezquindade do poder.
A poesía vacúnanos contra a imbecilidade e o medo.
Os poetas contra a usura. A usura é o cancro do mundo, contra a servidume do diñeiro. A usura é pecado contra natura.
Canto pode custar un amencer ou un neno, canto diñeiro custa un río, un mar, un labirinto, un día de verán ou unha man, canto nos vai custar a usura. Que se pode dicir co diñeiro que non sexa árida area, que deserto diredes que vén agora. En cantos idiomas querémosnos/querémonos, sóbrannos os idiomas para nomear a impostura, a usura ocupa o lugar das flores e os paxaros non cantan xa a primavera. Dá vergonza vivir na escombrera da usura, na escoria  financeira apágase a luz das estrelas e as palabras tremen de vergonza. A luz enche a terra de recordos pero a usura fai estalar a nosa memoria, a dor do diñeiro chama á morte. Naceremos sen mans, a cobiza cortaranos as mans e  cemiterios de usura serán as nosas cidades. Pero quédanos a palabra: a usura é pecado contra natura.

A usura é o mundo ao revés, no mundo da usura os lobos son os bos.

Usura obriga a pedir perdón por ser pobres. A pedir perdón por vivir. A usura parece querer dicirnos: somos especialistas en gaiolas, si non temos a súa gaiola farémoslla mentes espera. Témolas tan discretas que vostedes apenas as notan, tamén as temos para discapacitados e para soldados mortos. Temos unha gaiola para cada un. A usura chámalle á humillación asistencia social, á mentira liberdade de expresión, ao converternos en cousas nivel de vida, ao despedimento reconversión, a volvernos tolos chámalle higiene mental, ao roubo economía nacional, ao espectáculo da confusión chámanlle publicidade e a tiranía democracia.

A usura traballa con eficacia, imponnos necesidades artificiais, abarrota a nosa vida de armatostes, acumula coñecementos para unha tecnoloxía subornada. A ciencia dedícase a estudar canto tempo quédalle ao planeta, porque é cuestión de tempo que haxa que abandonalo, que haxa que deixarllo aos miserables. A usura non deixa que sexamos felices, fainos insolidarios e non nos sentimos queridos e enchémosnos/enchémonos de odio.

Os poetas contra a usura. A usura é o cancro do mundo, é pecado contra natura.

Queridos amigos e amigas, compañeiros e compañeiras, aquí e hoxe, ignoramos aos malditos administradores da miserable abundancia. Saudámosvos un abril máis, un novo abril de cravos como puños.

O inverno foi longo, duro, frío... pero chegou a primavera, inevitable e xenerosa, encarnada de presentes cheos de porvir.

O duro inverno tamén é aliado dos que resistimos a adversa e estéril usura.

Sacámoslle partido, dános tempo para pensar, para atopar os nomes, para saber das raíces de tanta ignominia, de tanta falacia. Ábrenos o tempo da lumbre, dos fogares acesos, o tempo das longas conversacións nas súas longas noites, onde a tenrura e a pedra, a rama espida e o silencio, fecundan baixo as ardentes neves, a sementes que  hoxe magníficas e furiosas énchennos de esperanza.

A poesía mece o mundo e fai do aire o colo dos voos.



POEMAS GUILLERMO:


TIEMPO  MUERTO
Este siglo, que ya nació harapiento y entrapado,
Es hijo de aquel otro más cruento que sonado
Que llamaron el veinte más que odiado,
Atómico, negro, mentiroso y quebrado.
El veinte como digo tiene en su haber dos guerras mundiales,
Un  holocausto, un rosario de guerras inciviles, una fría, varias quiebras,
Un montón de golpes de estado, hambrunas por doquier,
La sed que araña los mocos de los niños como su esvástica
De tierra más seca que su olvido, varias mentiras mayores
De esas que valen para miles de millones, fusilamientos diversos
De diferentes colores y diferentes tallas, un inventario pornográfico
De cárceles con frío, torturas a elegir, con perro o con mendigo,
Millones de desaparecidos, no saben no contestan, no existieron
Nunca en el siglo de las cuentas, que no salen nunca, que no saben
Cuántos son los que se fueron, o murieron, o no jodan, nunca estuvieron
De este siglo veinte que preparó el olvido para que no supiéramos
Son hijos estos escasos trece malnacidos, duros de pelar, como escoria arrancada del
acero, años de desprecio. Nos dieron el tiempo
Metido en un trapo, todo sucio y podrido
Para que hiciéramos con él nuestro destino, mas ya podemos hilar fino
Si queremos reconocer en la mierda del trapo todo lo que fuimos.
Porque tendremos que hacer del trapo una camisa
Y del sucio tiempo enrollado una bandera,
Un futuro, en el que quepa toda la esperanza que nos queda.

El reino del silencio
Las voces de los oprimidos han callado
Han sido silenciadas.
Con las limosnas deberían haber comprado
Cuchillos, no olvido.
En cambio se mordieron la lengua.
Como los esclavos del infierno de Dante
Desaparecen entre las sombras de las jarras
En el panteón de las tabernas. Aquí
La opresión provoca vergüenza y
Suicidios entre sus víctimas.
                          *****************
El bosque está enfermo. Las aguas están enfermas. El aire
está enfermo. La hierba está enferma. Los peces ya
no tienen ojos.. Los pájaros se hunden en el mar, pesados
de plomo. Las gentes están enfermas. No hay
remedio. Hemos olvidado cómo podría
haber sido. Hemos olvidado cómo es. Cuando todos
están enfermos no hay ningún enfermo. El bosque
no está enfermo. Las aguas  el aire la hierba los peces
los pájaros nosotros los hombres Ya no estamos enfermos.
                              ******************
desde   que uno se ha jubilado
no necesita avergonzarse
de no tener trabajo.
Ya es como todos los demás.
                                ****************


POEMAS KARLOTTI:

Al alba cuando esquinas y hogueras
se contradicen
una dulce conspiración de luz
inventa naufragios
en la punta de mi lengua
Se alzan voces
que descifré con los labios rotos
en Asia
y mi corazon
se incendia.
Un paisaje anegado por el llanto
de pajaro o animal sin patria
Suaviza
la afilada mercancia de la noche.
Nadie viene
a recoger los restos.
Aún no hay hogares encendidos.
Pero mi corazon
no teme
tanta luz desnuda.
Al fondo,
donde habita
tu gramatica
no me esperan
y la boda se celebrará
lejos de este campo que ondula
de espuma como ecos
de islas del tesoro
y mapas fabulosos
de clandestinas derrotas.
Todo contradice la desdicha.
Al alba
Nada Mas

TUS LABIOS ABRIGAN NUESTRA CASA
y un niño silba en los cristales
Como lares encendidos tus verbos
crepitan
no dejando ningun rincon
a la intemperie
Es primavera o es invierno?
Ni los animales domesticos
lo saben cuando vuelas
dejando los techos del cielo
como albas antiguas
o calidos crepusculos
donde tambien la muerte
encuentra su lugar
de arboleda en brasas
Hay tanto sitio cuando tu te posas...
tanta estacion en ciernes
tanta musica comestible
tanta pena en los fallados
tanta pena
que todo parte cuando te vas
como se van las hojas
y sus ramas a fabricar carbón
para otros siglos jamás nuestros.
Tus labios conjugan hogar
con fuego con tienda negra
con derrota con orillas con ceniza
Y siempre, allá al fondo, donde el humo,
desmigándose el pan de mi cariño.

Corrimos todos tan despacito como chupando un caramelo
corrimos todos los últimos de todas las clases
y llenando los bolsillos de vuelos
plagiamos violentamente los pájaros bisiestos
y crucificamos alegremente el aire
para hacer de la corriente alterna
un voltaje de primera mano
un sin fin de arriesgados caminos arcos voltaicos
llenos de pasos los zapatos
mientras dios desaparecía con un pan a punto de quemarse
No ves que sucumbimos a los besos como si el mar
estuviera tendido al otro lado allá donde se aparean los sueños
con las turbias victorias que la usura diseca en tus cristales?





luns, 10 de xuño de 2013

UNHA DOCE DESPEDIDA

Ola rapaces!

Como sei que estades traballando moi firme para rematar con moito éxito este curso, quero animarvos cunha boa nova. O vindeiro 18 martes ás 16,30 estades convidados -os membros do Club de Lectura- a unha festa de fin de curso. Nela, Cecilia e Raquel presentarán a nosa última lectura, O libro dos portais, de Laura Gallego. E logo, terá lugar a nosa III edición da Festa das Tartas Literarias. Que que son? Pois, como tamén fixemos os dous últimos cursos, trátase de engadir un novo ingrediente aos tradicionais da repostería, o da lectura. E a ver que se cociña! 

Poñede a traballar a imaxinación e os fogóns, porque vos espero con agarimo. Un curso tan especial coma este ben merece unha doce despedida.

E non esquezades que para as longas tardes de verán, a mellor compañía vai ser un bo libro. Por iso, durante a festa e os días seguintes, facilitarémosvos o préstamo de verán. Podedes -esta vez todos- levar para casa ata tres libros da miña biblio para todo o tempo estival. Non desaproveitedes a ocasión!

xoves, 6 de xuño de 2013

CUATRO CALAS EN LA EXPRESIÓN POÉTICA SALVAJE III

Ola rapaces! 
Xa preto do final de curso vou dando saída as cousiñas pendentes. Ao meu buzón chegaron as fermosas palabras da poesía salvaxe. Emilio continúa coa súa crónica (e van tres).

Viernes, 26

   18:30. La cosa tenía que empezar en Canido, a la sombra del cruceiro ombligo del mundo, pero la amenaza de lluvia aconsejó llevar el espectáculo teatral de La Ventanita al Ateneo. Consistió en la representación de un episodio como sacado del cine mudo, donde una moderna Eulalia, risas y desvíos, coqueteaba con dos pretendientes, Charlot y Buster Keaton (¿o era Harold Lloyd?). Muy tierno, muy naïf, sobre una música deliciosa. Nos encantó a Tere L. (vid. supra), a Ángeles Doce y a mí.


   Después, a la Plaza de Armas. También pasaron Pilar Berrio y Laura, que se quedó un buen rato. Y por allí andaban apostados Héctor y creo que Borja y/o Miguel-G. La tarde estaba fresca, pero nos sentamos a escuchar al portugués Tiago con apoyo musical del de Eli Quartier, más al magnífico Guillermo declamando con vigor y convicción un poema suyo con acompañamiento de Karlotti (¡cras! ¡cras!, o mejor: ¡kras! ¡kras!), y otro de  Leon Felipe, porque en estos tiempos, o acaso en todos, la poesía será política o no será.





No me contéis más cuentos,
que vengo de muy lejos
y sé todos los cuentos.
No me contéis más cuentos.
Contad
y recontadme este sueño.
Romped,
rompedme los espejos.
Deshacedme los estanques,
los lazos,
los anillos,
los cercos,
las redes,
las trampas
y todos los caminos paralelos.

Que no quiero,
que no quiero,
que no quiero,
que no quiero que me arrullen con cuentos,

Que no quiero,
que no quiero,
que no quiero.

Que no quiero que me sellen la boca y los ojos con cuentos
que  no quiero,
que no quiero,
que no quiero,
que no quiero que me entierren con cuentos,
que no quiero,
que no quiero,
que no quiero,
que no quiero verme clavado en el tiempo,
que no quiero verme en el agua,
que  no quiero verme en la tierra tampoco,
que no quiero, a su ovillo, como un hilo de barba sujeto.

Quiero verme en el viento,
quiero verme en el viento,
quiero verme en el viento,
quiero verme en el viento...
quiero... ¡quiero!... sueño... ¡sueño!
Soy gusano que sueño... y sueño
verme un día volando en el viento.






xoves, 30 de maio de 2013

BUSCANDO A ROSALÍA POLAS RÚAS COMPOSTELÁS

Ola rapaces!
Como xa vos dixen, algúns rapaces de 1º A de bacharelato, mentres os pequerrechos e máis eu estabamos a visitar ao curmán Soqueiras no arquivo da catedral, perdéronse por un soleado Santiago, cunha tarefa ben fermosa: fotografarse nos lugares relacionados coa vida e obra de Rosalía. E aquí temos parte do resultado. Pasáronme estas fotos de Borja, Raquel e Jessica polas rúas compostelás, na procura das pegadas da nosa amada Rosalía.
Contádenos, rapaces, a vosa experiencia nalgún comentario. Estamos desexando saber se atopastes o recendo da súa persoa no voso percorrido.
Co agarimo, 
Socas

CUATRO CALAS EN LA EXPRESIÓN POÉTICA SALVAJE II

Aquí segue Emilio coa súa crónica da VI Semana de Poesía Salvaxe de Ferrol, onde quedara, hai algunhas entradas:

Xoves, 25
 
   No aniversario da Revolução dos Cravos, liei a Antía para ir ao Cafelito de Gloria (Sol, 199), á celebración do 25 de Abril coas cancións do Manolo Bacalhao, e as poesías de Pedro Campos e Fernando Naveiras. A piques estiven de asinar no Libro de Clientes Ilustres, pero vendo o que alí de agudo e profundo escribiran tantos outros, a miña natural modestia e condición impediumo. Para compensar, a destemida Antía apuntou un poema que mesmamente merecera ser seu, pero que era de Celso Emilio, creo. Karlotti achégase a saudar, e eu fago as presentacións correspondentes.


   Todo quedou moi ben. Aínda houbo espontáneos que nos agasallaron con chanson e música de ukelele, ou así.




mércores, 29 de maio de 2013

A CRÓNICA DA HOMENAXE A ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Ola rapaces! Si, xa ben sei que isto que vos conto agora xa hai uns días que foi. Pero o prometido é débeda. E recordo que vos prometín falar dos actos en homenaxe a Roberto Vidal Bolaño impulsados dende a Vicedirección e a biblio. E así que, que mellor que sexa a propia Vice a que tome a palabra para facernos revivir esa celebración. Deixoume no meu saquiño de suxestións unha mensaxe con esta crónica:

"Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas e dentro das actividades encamiñadas ao fomento da lectura, o 15 de maio, mércores, en dúas sesións pola mañá (de 09.00 a 10.00  e de 11.00 a 12.00), no salón de actos, Naya Vidal (4ºB), Álvaro Flores (1ºD) e Elena Ramil (1ºD) presentaron  os actos preparados polo alumnado de 1º D e de 4º A e B para conmemorar o Día das Letras Galegas, que este ano estivo adicado ao dramaturgo santiagués Roberto Vidal Bolaño.
En primeiro lugar vimos unha presentación, realizada por Roberto Losada García e Héctor Vilar Carpente, alumnos de 1º D, sobre a vida e a obra do escritor homenaxeado, e, a continuación, Andrea Rivera, Jorge Trillo, Laura Freire e Inés Falcón de 4ºA e Elina Bardanca e Alicia Bugallo de 4ºB fixeron unha lectura dramatizada de fragmentos seleccionados das seguintes obras do autor: Criaturas, A burla do galo, Animaliños e Ledaíñas pola norte do Meco.






  • O texto de Criaturas fíxonos reflexionar sobre as desigualdades, as inxustizas sociais, as incomprensións e mesmo a xenofobia que, na sociedade actual, moitas veces teñen que  soportar os máis desfavorecidos.
  • N’A burla do galo  de Vidal Bolaño, baseada na historia “O galo de Portugal” do libro Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro, don Esmeraldino devece por conquistar mulleres casadas e mozas virtuosas, ten por costume marcar el mesmo cunha aspa nunha táboa cada un dos seus triunfos e remata convertido en galo e comido asado con castañas por pecar contra o sexto mandamento, é dicir, por cometer adulterio.No salón de actos, e antes de producirse o fatal desenlace, puidemos escoitar ao galo de Portugal como concertaba un encontro amoroso coa súa nova conquista.
  • O texto seleccionado de Animaliños propoñía un programa cultural alternativo ao consumo de alcohol. A obra está protagonizada por uns propietarios obsesionados por liberar os xardíns das súas casas adosadas dunha praga de caracois.
  • O Meco é un personaxe do Entroido que, ao final desta festa tradicional, é xulgado e condenado a morrer queimado por mor das súas malas accións. En Ledaíñas pola norte do Meco, como puidemos comprobar, esta figura tradicional representa as inxustizas que galegos e galegas teñen que aturar: a emigración, o conflito lingüístico e os abusos de quen ostenta o poder, como o alcalde, o alguacil, o crego, o burgués, a xustiza ou o concelleiro. O texto seleccionado referiuse a estas inxustizas e tamén a como a xente que as tiña que soportar estaba disposta a dar morte aos moitos mecos que asoballan ao pobo galego.
 Laura Suárez"

Pois si. Isto sucedeu no salón de actos e agora coa nosa nova pantalla e proxector estou modernizando a miña casa. Así que calquera día poñemos a presentación de Roberto e Héctor que estou desexando vela. Aproveito para invitar a todos a estrear estes dous aparellos que están á vosa disposición.

martes, 28 de maio de 2013

JOSÉ DOMINGO NA NOSA BIBLIOTECA


Outros falarán do emotivo acto de graduación dos nosos alumnos de 2º de Bacharelato que vivimos o pasado venres (xa vos dixen que a semana estivo requetechea de acontecementos), eu quero agora contarvos acerca dunha visita moi especial que veu á miña casa. José Domingo tivo o detalle de me visitar despois de participar na despedida dos novos bachareis. E non veu coas mans baleiras. Encheu os nosos andeis do seu talento singular. Co seu tímido encanto engaiolounos a min e mais aos meus compañeiros habitantes do mundo do tebeo. O coitado oficinista xaponés convocou ao seu carón aos Simpson, Mortadelo e Filemón, Astérix e Obelix, Val, o tenente Blueberry, Spiderman, Corto Maltés, Estela Prateada, os veciños da 13 Rúa do Percebe, os velliños de Engurras (déixome tantos) ... e todos nós, seres da banda deseñada que, aínda que non nos vexades, somos os reis da biblioteca, démoslle a nosa máis cálida benvida.



Grazas, Jose Do, polos teus agasaios, grazas polas túas dedicatorias, pero sobretodo, grazas por seguir crendo en ti mesmo, por non deixar de soñar, por non botar fóra o teu lapis (a pesares de que algún dos teus profes cho esixise daquela), por seguir activando a túa prodixiosa imaxinación e, así, ser quen de dar vida a seres coma min.


Dedicatoria de José Domingo para a nosa biblio












Foi toda unha honra recibirte na miña casa! O teu vello instituto non foi capaz de esquecerte. Aquel rapaciño é hoxe todo un mestre.


Algúns dos agasaios de José Domingo

luns, 27 de maio de 2013

AS FOTOS DE ENGURRAS


Os debíamos, desde hace días, las fotos de la sesión de nuestro Club de Lectura sobre el cómic Engurras de Paco Roca, moderada por nuestras dos compañeras de 2ºB ESO, Miriam y Antía. Aquí os las dejamos, para que no se nos olvide el buen rato que nos propició este cómic.



sábado, 25 de maio de 2013

EN SOBRADO E SANTIAGO

Esta semana estivo ben chea de acontecementos. Xa vos contei que o mércores tocoume función teatral. Agora cómpre que vos poña ao día do acontecido nos dous días seguintes. O xoves, ben agochadiño no peto dun de vós, saín de excursión. Acompañei a corenta e tres entusiastas rapaces -algúns de 1º de ESO, moi afeitos ao universo das biblioteca grazas ao seu Proxecto Interdisciplinar; outros de 1º de BAC dispostos a atopar as pegadas rosalianas en Compostela. 

 

Pero, antes, a nosa parada inicial foi no mosteiro cisterciense de Sobrado dos Monxes. Alí, o noso Manolo tiña un compañeiro de estudos ao que non vía dende hai trinta anos. Puidemos gozar da sabedoría milenaria desas húmidas pedras e percorrer o claustro dos Peregrinos e o dos Medallóns, a cociña, a sala capitular, a igrexa, ... Que doado imaxinar como era a vida no medievo!
Pero non soamente Manolo ten bos contactos. Resulta que o meu curmán Soqueiras habita no arquivo da catedral compostelana. Si, é o clásico trasno erudito que gosta de acariñar códices medievais. Conseguiume unha visita guiada na que un experto arquiveiro nos fixo un percorrido dende os códices, coa contemplación dun facsímil do Calixtino agora escrupulosamente custodiado, pasando por tumbos reais co seu carimbo de chumbo, os libros de coro tan fermosamente miniados, ata os incunables,... En fin, un verdadeiro privilexio para un simple trasno de secundaria coma min, por moito que me guste presumir da miña benquerida biblioteca.

 

Logo dunha soleada e animada comida nas escalinatas de Praterías, aínda tivemos -algúns- a sorte de acceder a San Martiño Pinario, onde vimos unha antiga imprenta.
Retornei satisfeito para miña casa. Sempre medramos coas experiencias. Saír na procura doutros camiños. Tornar máis sabios. Saber dos demáis para coñecermos mellor nosoutros. 


Cando partimos de novo?