Xa sabedes...
Amosando publicacións coa etiqueta club de lectura xuvenil b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta club de lectura xuvenil b>. Amosar todas as publicacións
venres, 17 de xuño de 2016
venres, 13 de maio de 2016
MARTES, 10 DE MAIO: CLUB DE LECTURA, O MISTERIO VELÁZQUEZ
![]() |
| Elaboraron a presentación e introduciron a sesión. |
Pulsa sobre a imaxe para ver a presentación de El misterio Velázquez (Eliacer Cansino), unha obra pola que transitan personaxes de "As Meninas" arredor dun misterio relacionado coa Cruz de Santiago. A lectura desta obra deu pé a recordar o proxecto "As Meninas no Sofía: ReciclArte e LiteraturizArte" (a obra está na guía de lectura, na sección "Xuvenil").
Na próxima sesión, 14 de xuño, banda deseñada: Adèle Blanc-Sec (nº 1) e "tartas literarias". Recordas as tartas do ano pasado? Entra por aquí.
martes, 12 de abril de 2016
12 DE ABRIL: CLUB DE LECTURA. OS CRIMES DA RÚA MORGUE.
Animado, moi animado, (excesivamente animado?) o club de lectura de hoxe. Estaremos posuídos polo espírito de Edgar Allan Poe?
Deixámosvos a presentación que introduciu a sesión.
Presentación de Ana Ortega e Diego Pereda
Como sabedes, estamos a preparar -desde o club de lectura do Sofía- un itinerario de misterio que daremos a coñecer en breve. Xa vos iremos contando.
mércores, 16 de marzo de 2016
15 MARZO: CLUB DE LECTURA. O CURIOSO INCIDENTE DO CAN Á MEDIANOITE.
Un cadáver (o caniche Wellington), un rapaz con Asperger, a
afección ás matemáticas, unha extraña viaxe, relacións familiares, referencias
a Sherlock Holmes… Podedes velo na presentación de Laura e Sabela, que se
ocuparon de introducir esta sesión do club.
Un libro que gustou a todos os membros deste club de
lectura.
Cartel de Inés M. Quintanilla
E nas recomendacións, Diego con Don Quijote de la Mancha (el manga);
Sabela, Hija
de humo y hueso, Los gatos guerreros,
Yaruki,
La memoria del agua; Laura, El resplandor. E
máis…
martes, 16 de febreiro de 2016
SESIÓN CLUB DE LECTURA, 16 F: O CAN DOS BASKERVILLE
Cynthia, Clara e Sabela ocupáronse de introducir a lectura. A súa presentación (vid. enlace) deu lugar a un interesante coloquio no que se trataron diferentes aspectos, uns deles relacionados co formato da presentación (boa elección, PowToon) e outros coa lectura en si mesma.
A ambientación, os páramos, as zonas
pantanosas, cans "fantasmagóricos" (o punto gótico), o papel de Watson, o xénero (diferenza entre novela de enigma, novela negra...) e o método de Sherlock Holmes
foron aspectos tratados nesta sesión. A lóxica, a análise de datos concretos, a dedución (como chega Sherlock á
conclusión), foi o que máis interesou a varios membros do club. Mencionáronse
outras obras que encontran explicación racional a fenómenos aparentemente
paranormais (a relación de Sherlock co Auguste Dupin de Poe, O castelo
dos Cárpatos, recomendado por Emilio), a proxección de Sherlock
Holmes na cultura contemporánea (desde Scooby Doo ata a tecnoloxización extrema en produtos como CSI). Son estas opinións dos membros
do club que aquí, unicamente, recollemos. E, unha vez máis, Sabela veu acompañada dunha das súas "Joyas literarias juveniles" (xa sabedes, adaptacións de clásicos a banda deseñada), neste caso, da obra que ocupou a sesión de hoxe.
E pasamos xa á próxima lectura, unha
novela do ano 2008: O curioso
incidente do can á media noite de Mark Haddon. Elemental,
querido Watson. Seguimos co misterio. Aínda máis: seguimos con Sherlock. Esta
novela parece ser un homenaxe a "Lucero de Plata",
o relato curto publicado no 1892 por Conan Doyle, relato que algúns de vós
estades a ler para a materia de Lingua Castelá e Literatura.
Etiquetas:
Club de lectura,
club de lectura 15-16,
club de lectura xuvenil,
conan doyle,
lucero de plata,
misterio,
o can dos baskerville,
sherlock holmes
martes, 19 de xaneiro de 2016
SESIÓN 19 XANEIRO: UN CADÁVER NA BIBLIOTECA
Seguimos na liña de misterio. Hoxe, 19 de marzo, Un cadáver na biblioteca de Agatha
Christie, obra presentada por Diego Pereda. Non deixedes de ver a súa presentación:
|
|
Houbo opinións diversas no debate posterior; a algúns pareceulles excesivo o elemento descritivo, a
outros que o ritmo era lento, houbo quen considerou que o personaxe de Pamela
Reeves (o outro cadáver) non estaba suficientemente perfilado… Pola contra, os devotos
de miss Marple defendemos esta novela. E
xuntos recordamos a sesión de Dez negriños, deste mesmo club.
A continuación, seguindo coa liña de misterio, Diego
recomendou (xa para lectores avanzados) o libro que acaba de rematar: O
nome da rosa. Comentouse logo a
proposta de celebrar San Valentín co Instituto Concepción Arenal lendo poemas
de amor. E a sorpresa do día: Sabela López Quintanilla, membro do club, obtivo un accésit no II Certame Literario Carmela Loureiro, na categoría de microrrelatos. Parabéns a Sabela e á súa profesora, Inés, que animou ao grupo a presentarse ao certame.
Para rematar, un xurado de 5 persoas (profesores e alumnos) elixiu
por unanimidade como gañador do concurso de carteis anunciadores da sesión de
hoxe o cartel elaborado por Lucía Toval, de 1º ESO A. Mágoa que non se poida
apreciar a textura deste cartel en dixital… O premio consistiu nun exemplar de Lourenço,
xograr.
Pilar Berrio e Lucía Toval
E o próximo libro do club estará protagonizado por un personaxe inmortal que cumpre anos neste 2016. Concretamente, 125 anos. Unha idade máis que respectable...
Elemental, querido Watson.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










