Amosando publicacións coa etiqueta Convocatoría reunión Novela Gráfica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Convocatoría reunión Novela Gráfica. Amosar todas as publicacións

luns, 25 de setembro de 2023

PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB DE NOVELA GRÁFICA

O Club de Novela Gráfica que dirixe Patricia Martínez, a profe de Mates que é unha apaixoada deste tema, vai comezar as súas reunións este mércores 27 de setembro na biblioteca, no segungo recreo. Estará acompañada por outros profes como Daniel e Pilar  do Departamento de Lingua Española, xunto con  Alberto e Raquel do Departamento de Matemáticas e Emilio do Departamento de Filosofía. Aquí vos deixamos o cartel da primeira sesión, se vos animades a participar podedes informarvos durante os  recreos na biblioteca.  Nos vindeiros días tamén vos falaremos do Club de Lectura Xuvenil e do Voluntariado, estade atentos aos carteles que van aparecendo nos corredores do centro e ás noticias neste blog.