Amosando publicacións coa etiqueta Teatro non Sofía.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Teatro non Sofía.. Amosar todas as publicacións

xoves, 30 de maio de 2019

TEATRO

Ola rapaces!
Onte foi unha fermosa tarde xa que unimos nun só acto dúas das nosas actividades: o teatro e o voluntariado.
Tiñamos a estrea da obra de teatro titulada: "Unha praza, un banco e dous casoiros" dous sainetes que adaptou José Luis Paz. E na sesión da tarde, xunto coas familias, viñeron un grupiño de anciáns de Domus Vi a vernos.
Xa dende o ano pasado tivemos moita relación entre estas dúas actividades. Dende o momento que a metade do elenco de actores e actrices son tamén voluntarios (María, Laura, Sara, Andrea, Pablo e Diego). Ademáis o ano pasado, como non puideron vir, fomos nós a actuar ao xeriátrico.
Pero este ano foi moito mellor a experiencia porque viñeron eles aquí e viviron en vivo e en directo a experiencia teatral.
Temos que felicitar a todos: a Xosé Luis, o director, Alberto e Lucía, encargados da fotos e o vídeo, Vily, encargada do vestiario e maquillaxe, a ANPA que se encargou da escenografía, maquillaxe e vestiario, Melba que foi a correctora lingüística, a Antía, que fixo o cartel... E sobre todo a todos os rapaces. Os seis mencionados e os outros seis (Iván, Aldryn, Javi, Miguel, Arón e Marcelo).
Sodes todos uns verdadeiros artistas. E grazas tamén ao grupiño de voluntarios que estivo pendente de axudar a acomodar aos maiores e acompañounos co agarimo de sempre. Verdadeiramente temos xa uns fortes vínculos interxeracionais entre alumnos e avós.
Hoxe publicaremos algunhas fotos e pequenos vídeos pero en posteriores entradas prometemos poñer as fotos de Lucía e os vídeos de Alberto. Moitos voluntarios que tamén axudaron esa tarde non poideron quedar porque tiñan clase. Desde aquí queremos agradecer a todos a súa enorme dedicación e entusiasmo. 

venres, 1 de xuño de 2018

TEATRO NO SOFÍA: POLO INTERÉS, QUÉROTE MARQUÉS

Ola rapaces!

O xoves 31 de maio, o grupo de teatro do noso instituto dirixido polo profesor Xosé Luís Paz Rivera, presentou a obra titulada: Polo interés, quérote marqués, escrita por Mari Carmen Martínez. Esta representación encádrase dentro da programación das actividades de conmemoración do Día das Letras Galegas. 
Queremos felicitar ó alumnado e ó seu director por un magnífico traballo que culminou con dúas actuacións na mañá, para o alumnado do centro e outra pola tarde para as familias. Os aplausos e os parabéns que recibiron todo o día son a proba dun grande éxito. Desde aquí sumámonos a todo o centro no recoñecemento do seu gran labor e animámolos a continuar con forzas renovadas o próximo curso.

Aquí vedes unha presentación con fotos das actuacións.