Amosando publicacións coa etiqueta Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Amosar todas as publicacións

venres, 27 de novembro de 2020

OBRADOIRO DE MEMES CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

 

Como contabamos na entrada anterior, este curso a realización de actividades comúns presenta máis dificultades debido ao protocolo anti-covid, pero iso non pode acabar coa celebración dun día como o 25 de novembro. 



Os titores e outros profesores de diferentes materias que quixeron participar colaboraron no desenvolvemento de obradoiros para a realización de memes en contra da violencia machista. A actividade partía dunha presentación común que podedes consultar na seguinte ligazón

A partir das preguntas propostas nese documento e do debate que se deu nas aulas propúxoselle ao alumnado que crearan os seus propios memes contra a violencia machista, entendendo que a violencia de xénero non queda unicamente restrinxida aos golpes, insultos e ameazas, senón que comeza e se difunde de maneiras moito máis sutís que debemos aprender a detectar para evitalas.

Algúns dos memes creados nesta actividade están dispoñibles na seguinte ligazón e poderedes velos impresos durante estes días no vestíbulo de entrada do instituto.

Tamén tedes no corredor algúns textos da biblioteca sobre o tema. 


mércores, 25 de novembro de 2020

25 NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Ola rapaces! 

Un ano máis chega esta data na que queremos lembrar a importancia de, aínda nestes tempos nos que temos outras preocupacións, non baixar a garda respecto a este grave lacra social.

O 25 de Novembro é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e dende a biblioteca e o Club de Letras estamos a impulsar unha actividade sobre a que vos falaremos máis polo meúndo en vindeiras entradas porque aínda estades a participar nela.

Tedes, tamén, no corredor de entrada, como adoitamos, unha selección de textos sobre o tema que pode ser do voso interese.




venres, 29 de novembro de 2019

VISITA AO XERIÁTRICO DO NOSO VOLUNTARIADO

Ola rapaces!
O pasado mércores 27 tivemos unha nova xuntanza do noso voluntariado con motivo da efemérides do día 25, o Día contra a Violencia de Xénero.
A verdade que, por mor dos exames, estivemos moi pouquiños, pero puxemos moitas ganas.
Logo de comer xuntos, comezamos a preparar a actividade que consitiu en:
  • Unhas presentacións sobre dous poemas.
  • A lectura de catro textos:
    • Co tempo un aprende de Verónica Shoffstall.
    • ¿Por qué grita esa mujer? de Susana Thénon.
    • Recibí flores hoy de Mariano Osorio.
    • Antipatriarca de Ana Tijoux.

  • A realización dun mural no que díciamos que nos plantábamos contra a violencia de xénero no que os maiores escribiron as súas ideas, os seus nomes nus pétalos de flores.

Coma sempre, os anciáns estiveron moi agarimosos connosco.
Esperamos ter levado un pouco de ledicia as súas vidas.
Ata a vindeira xuntanza!


venres, 21 de decembro de 2018

A NOSA FELICITACIÓN DE NADAL

Ola rapaces!

Xa cerca do Nadal, queremos celebrar con todos vós esta festa universal. E facémolo coa imaxe da nosa árbore de margaritas. 
Noutras entradas xa falamos do simbolismo destas flores, vencellado ao Día de loita contra a Violencia de Xénero. Quixemos aproveitar o esforzo de tantos de vós deseñando margaritas, escribindo as vosas mensaxes nelas, en catro idiomas. E desgraciadamente aínda hoxe temos que seguir lamentando máis mortes, máis perdas  insubstituíbles.
Por iso cobra máís valor o noso posicionamento e as nosas flores. En realidade, esta árbore é simbólica, non é só unha árbore para a reflexión e  a denuncia, senón tamén para a esperanza. Como di Ana Seco, a nosa vicedirectora. Por esa razón, seguimos plantándonos contra a violencia. Para que non teñamos que dicir, como premonitoriamente vislumbrou Federico García Lorca:






Cuando se hundieron las formas puras bajo el cri cri de las margaritas, comprendí que me habían asesinado.




BO NADAL!







martes, 27 de novembro de 2018

LECTURAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Ola rapaces!
Seguindo coa  nosa entrada anterior, na semana de loita contra a violencia de xénero, agora dende o equipo de biblioteca queremos recomendarvos algunhas lecturas que axuden a reflexionar sobre as consecuencias devastadoras desta lacra.



Aquí a tedes, podédela atopar na mesa onde plantamos as nosas margaritas cos vosos nomes:


  • Machismos: de micro nada.
  • Covardes de María Xosé Porteiro.
  • Persépole de Marjane Satrapi.
  • El diario azul de Carlota de Gemma Lienas.
  • Libro do mal amor. Haikus contra a violencia de xénero.
  • O que sei do silencio de Andrea Maceiras.
  • As horas roubadas de María Solar.
  • Valerosas de Pénélope Bagieu.
  • A Silent Voice de Yoshitoki Oima.
  • Shino no es capaz de decir su propio nombre de Shuzo Oshimi.
  • Pioneiras. Galegas que abriron camiño de Anair Rodríguez.
  • Desgracia de J.M. Coetzee.
  • El color púrpura de Alice Walker.


Boas lecturas para todos!





domingo, 25 de novembro de 2018

25-N. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Ola rapaces!
Seguro que vos tedes preguntado sobre a estación na que estamos. Como é posible que a punto de rematar novembro e entrar no inverno, florezan tantas margaritas en todos os recunchos do noso instituto?
A resposta atopámola precisamente na data de hoxe, 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. 
Aínda que durante a próxima semana abundaremos sobre as nosas actividades e a floración "margaritil" que nos invade, non queriamos deixar pasar a data precisa para lembrar que somos moitos os que nos plantamos frente a esta sangrante lacra que deixa demasiados mortos: mulleres, nenos, homes, encima da mesa, víctimas con nome e apelidos, cunha vida truncada, máis efímera ca das propias margaritas, persoas que non son meras estatísticas.
Atentos pois ao noso blog onde propoñeremos textos dende a biblioteca que nos axudan a reflexionar sobre este duro asunto, seguindo a estela que mediante o proxecto de diversidade do curso pasado xa traballáramos.
Tamén aproveito para informar que a xuntanza de voluntariado do vindeiro martes, queda aprazada ata novo aviso.
Bo domingo e ata pronto. 

sábado, 25 de novembro de 2017

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a biblioteca como voceira de toda a comunidade escolar do IES Sofía Casanova, quere manifestar a súa rotunda repulsa contra esta devastadora lacra do noso tempo e o seu compromiso cara a formación de futuros homes e mulleres que saiban respectar e convivir.