Amosando publicacións coa etiqueta Meninas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Meninas. Amosar todas as publicacións

luns, 22 de xuño de 2015

AS TRES GRACIAS NO SOFÍA

O venres 19 de xuño entregáronse os premios ás versións máis votadas de "As tres gracias". Continúa un ano máis "ExpresArte: Ver-Ler un cadro", na liña de "As venus" e "As meninas: ReciclArte".

1º premio: Raquel Toja Quintela por "As hero-gracias".
2º premio: Míriam Hidalgo por "Os gardiáns dos elementos".
3º premio: Marta Fernández Arias por "As tres graciosas".



Accésits: Claudia González. Daniel Aguiar. Cristina Lorenzo. Vid. muro.

Podedes ver no noso punto de encontro o que deu de si esta actividade: entrade no muro colaborativo e accederedes a cada unha das versións coa correspondente análise (título, estilo e interpretación).


luns, 15 de xuño de 2015

AS MENINAS DE CANIDO CHEGAN A MONTMARTRE

Sábado, 13 de xuño 2015: La Voz de Galicia. Pois si. Un paso máis. O consello de administración da asociación Eau et Lumiere aprobou onte en París solicitar á Comisión Europea a inclusión das Meninas de Canido na rede de Itinerarios Culturais Europeos (en España, o Camiño de Santiago, a ruta do Quixote) da Ruta dos Impresionistas. Eduardo Hermida entrou onte no consello da asociación europea, e presentou a idea en Montmartre. Parece que (vid. Carlos Agulló, enviado especial a París de La Voz de Galicia) a recuperación deste espazo impactou aos expertos franceses. 
Amplía imaxe
Na Biblioteca do Sofía estamos felices. Desde que María Lanza e os seus alumnos de EPV nos deron a coñecer esta iniciativa -eles xa estiveran alí, participando-, entre todos vimos que era algo que merecía a pena: por iso ReciclArte e LiteraturizArte (vid. dentro do sitio a exposición ReciclArte, como se fixo, e a guía de lectura Meninas). Por iso estivo connosco Eduardo Hermida. E por iso desde o Sofía -e para o que teñades nunha aplicación do móbil- se está a traballar en:

O ROTEIRO DAS MENINAS DE CANIDO
Proximamente 

Seguiremos informando, pero aí vos vai un adianto.
Parabéns, Eduardo. Parabéns a todos os que participan neste movemento/revolución cultural en que se convertiu as Meninas de Canido. Ás veces, as árbores medran contra todo e a pesar de todo; ás veces nace arte no lugar máis insospeitado. Ás veces. Pero si, é posible. Coma vós, nós cremos que é posible. Que todo é posible. Con ganas, con traballo, con criterio... É posible.