Un ano máis, un Nadal máis... visitamos aos nosos maiores da residencia DomusVi. Esta vez o grupo de voluntariado estivo acompañado co Coro do Sofía.
Foi unha velada moi agradable, onde o coro amosou o mellor da súa arte, ben dirixidos por Dani Ardao e Almudena. Ás cancións de sempre xuntaráronse un popurrí de panxoliñas, e o Noite de Paz, instrumental.
Pola nosa parte, os voluntarios, logo de xantar en común e facer adornos navideños con material de reciclaxe para a nosa árbore, levamos aos anciáns as tarxetas para que eles tamén escribiran os seus bos propósitos, relativos ao medio ambiente, de cara ao vindeiro 2020. Xa moitos deles son amigos nosos, alégranse moito de voltar a vernos, esquecen as doenzas por un rato e gozan da boa compaña.
Para todos eles van os nosos mellores desexos nestas festas!
O de onte foi un deses días inesquecibles que de vez en cando acontecen. Fomos ver aos maiores para celebrar o Día Internacional da Paz, que é precisamente hoxe. Recitamos dous poemas. A muralla de Nicolás Guillén e Irmáus de Celso Emilio Ferreiro que din:
Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero tí, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e tí negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmáu che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmáu che falo.
Longa noite de pedra 1962
Tamén lles deixamos o noso simbólico muro, no que precisamente as palabras de Celso Emilio oradan un oco de esperanza.
Pero o prato forte chegou despois: o noso coro. Ben dirixido por Almudena (a quen agradecemos que viñera con toda a familia) e Daniel, axudados por Alberto, o coro do IES Sofía Casanova, que cada vez medra máis en cantidade e calidade, interpretou catro temas. Entre outros Matriarcas de Guadi Galego, Mad World, unha versión de Believer realizada por Lucía Toval e Lucía Hermida. O piano, o violonchelo, a guitarra eléctrica trasladáronse a Domus Vi sen ningún problema. Particularmente, a min encantoume a última canción que non oíra noutras das súas actuacións. Unha de orixe africana que acompañaron con bailes.
Todo gustou moito aos maiores, e houbo quen se emocionou e ata botou algunha bágoa.
Dende a biblioteca queremos darvos as grazas a todos poque coma sempre, SODES XENIAIS.