Amosando publicacións coa etiqueta filgueira valverde. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta filgueira valverde. Amosar todas as publicacións

mércores, 24 de xuño de 2015

CONCURSO MARCAPÁXINAS LG 2015


Un ano máis, o concurso dos marcapáxinas Letras Galegas. Tras o reconto, estes foron os máis votados polos alumnos. 

1º: Névia Lamas. 2º: Xiana (4º C). 3º: Cristina (4º C).


Parabéns. Así rematamos o curso 2014-2015, e así comezaremos o 2015-16, coa entrega destes marcapáxinas. Pero para iso aínda queda moito! 

Bo verán, entre xílgaros, sereas e barcas...



mércores, 20 de maio de 2015

ITINERARIO LETRAS GALEGAS 2015: PONTEVEDRA-CAMBADOS.

  • 2015, Letras Galegas Filgueira Valverde.
  • 2015, 100 anos de Vento mareiro, poemario de Cabanillas. 

A conexión:
  • Filgueira Valverde: relación co Museo de Pontevedra.
  • Vento mareiro, augada de Castelao que ilustrou o poemario Vento mareiro de Cabanillas, está no Museo de Pontevedra.




Entón...

Continuamos as actividades do "Mes das Letras no Sofía" con esta viaxe cultural que nos leva a Pontevedra para ver no Museo da cidade -tan ligado a Filgueira Valverde e Castelao-, a exposición sobre Filgueira Valverde e a sala Castelao, e saír logo ás rúas seguindo o roteiro "A Pontevedra de Castelao". Despois percorreremos "O Cambados de Cabanillas" para conmemorar os 100 anos de Vento mareiro (Cabanillas: 1915). E como fondo, como un "vento mareiro", eses poemas de Cabanillas (podes ver aquí unha selección) e esa augada de Castelao ubicada hoxe no Museo de Pontevedra: recordade que Vento mareiro, o cadro de Castelao, serviu no seu momento para ilustrar a portada da obra de Cabanillas do mesmo nome.

Castelao: Vento mareiro. Augada, 1921. Museo de Pontevedra.



Pretendemos aproveitar esta actividade para que os alumnos fagan un uso responsable do móbil como ferramenta de consulta, busca, captación e transmisión de información. Para facilitar o labor, deseñouse o sitio informativo itinerarioletrasgalegas2015, que servirá como punto de partida da actividade; inclúe información básica, tríptico, planos e uns itinerarios ("A Pontevedra de Castelao" e "O Cambados de Cabanillas") que os alumnos terán que completar tras a visita.


O sitio tal como se vería no móbil