Este ano polo Día das Bibliotecas fixemos unha exposición sobre Emilia Pardo Bazán. Puxemos na entrada do centro os libros da autora ou os que tratan dela, cunha colección de abanos, porque sabemos que eran unha das súas paixóns. Na pantalla da entrada tamén reproducimos un vídeo cunha lectura de Marilar Aleixandre sobre un artigo da autora que trataba sobre o traballo das mulleres.Pensamos que era un xeito orixinal pechar o centenario da autora facéndoo coincidir co inicio en Santiago do congreso internacionalEmilia Pardo Bazán, 100 anos despois, que nestes días podedes seguir en directo en You Tube
Ola compañeir@s! O 24 de outubro, celébrase o Día das Bibliotecas impulsado pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil e o Ministerio de Cultura. O lema “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir", quere destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos.
Desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, publicouse o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia do curso 2021/2022, que leva por título:“A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA". Insistindo tamén na biblioteca como espazo diverso onde teñan cabida distintas experiencias relacionadas coa lectura, a palabra e a oralidade. Os textos escritos e as producións audiovisuais que ofrece a biblioteca en obras de ficción ou de información axudan ao alumnado a medrar sendo donos da linguaxe, a ferramenta que lles abre camiños de pensamento, imaxinación, beleza e coñecemento. Mais tamén, as bibliotecas escolares son espazos sociais de encontro que promoven e facilitan o uso da palabra a través do diálogo, a reflexión, o debate, a exposición, os recitais, a lectura en voz alta.”
Pois xa está aquí o Día do Libro, a festa na que tradicionalmente o Departamento de Lingua Castelá en colaboración coa biblioteca adica as súas actividades a un autor o a un tema. Outros anos (podedes consultar o noso blog que xa vai tendo bastante solera) os autores elixidos foron: Charles Dickens, Edgar Allan Poe, Nicanor Parra, Benito Pérez Galdós; os temas tratados foron as fábulas, os relatos, a poesía...
Este ano a elixida foi unha muller, ademais coruñesa: a escritora dona Emilia Pardo Bazán (1851-1921) da que se cumpren 100 anos do seu pasamento. Xa noutras entradas deste blog informamos das adquisicións que a biblioteca fixo relativas a esta autora: biografías, películas, versións xuvenís, antoloxías, edicións de clásicos...
Seguro que xa vistes os carteis que adornan os corredores, as escaleiras, as aulas, con imaxes e textos da escritora, especialmente aqueles cunha clara mensaxe feminista, xa que dona Emilia foi unha das primeiras e máis aguerridas defensoras da igualdade de xénero.
Ademais o Departamento convocou un concurso de relatos para todos os alumnos do centro, dividido en tres categorías:
1º e 2º de ESO con 12 participantes.
3º e 4º de ESO con 7 participantes.
1º e 2º de BAC con 41 participantes.
Por outra banda, este ano, por mor da pandemia, non puidemos facer as nosas tradicionais lecturas no salón de actos, pero esto non impediu que os alumnos da ESO traballaran textos desta escritora.
En 1º de ESO fixeron un eixe cronolóxico da vida e da obra de dona Emilia co que adornaron as súas aulas.
En 2º de ESO leron o relato "El indulto" e traballaron aspectos da condición da muller na época.
En 3º de ESO visionaron a película "A condesa rebelde" e fixeron actividades sobre a vida e o pensamento da autora.
En 4º da ESO leron o conto policíaco "A cana" e escolleron as súas citas favoritas para adornar as aulas.
Despois de todas estas actividades, pensamos que todos nós coñecemos un pouco mellor a figura de dona Emilia e valoramos as súa loita en prol do melloramento das condicións de vida das mulleres.
A biblioteca mercou bastantes libros e cómics sobre tres autores e autoras que estiveron recentemente ou están de centenario, dous delas moi vencelladas coa nosa terra. Refírome a Benito Pérez Galdós, do que no 2020 se fixeron 100 anos do seu pasamento; Concepción Arenal, da cal o pasado ano tamén se fixeron 100 anos, pero do seu nacemento en Ferrol; e Emilia Pardo Bazán, da que este 2021 celebramos o centenario da súa morte.
Por este motivo ponemos a dispor do lector curioso obras adicadas a aviciñarnos ás súas persoas ou obras:
Biografías: As tres principais biografías que temos, moi actualizadas: A de Anna Caballé de Concepción Arenal, Isabel Burdiel da Pardo, e a recente de Yolanda Arencibia sobre Galdós.
Biografía para nenos: Emilia Pardo Bazán: unha nena seducida polos libros de María Xosé Queizán.
Cómics: Tres adicados a Galdós.
Álbum fotográfico coma Las mujeres que leen son peligrosas.
Edicións das súas obras: Cuentos de amor e Memorias de un solterón da Condesa de Pardo Bazán; Marianela, Tristana, Tormento, Memorias de un desmemoriado do escritor canario.
Estudios de súas obras: como Galdós novelista, de Leopoldo Alas, "Clarín", o outro grande novelista do Realismo.
Unidades Didácticas: A escaleira desigual. A condesa rebelde.
Esperamos que sirvan de axuda para que vos aproximedes a estas tres grandes figuras da literatura e do feminismo.