.
Amosando publicacións coa etiqueta nadal b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta nadal b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 22 de decembro de 2022
luns, 19 de decembro de 2022
O NADAL NA BIBLIOTECA
Ola rapaces!
A punto de rematar o trimestre, teño que facer resumo das nosas actividades. Xa case temos a biblioteca rematada coas novas mesas da zona de usos múltiples. A vida na biblioteca durante este trimestre foi moi animada, especialmente grazas ao Club de Xadrez. Esta semana teñen a final do seu campionato.
Tamén hoxe quería recoller aquí os traballos de decoración do Nadal, xa que case tocamos coas mans estas festas. Moitos rapaces e profesores están decorando o centro. Destacamos algúns exemplos.
Beatriz cos seus alumnos decorou a biblioteca con todo tipo de adornos. Destaca a súa árbore con tomos verdes.
Os rapaces de 2º B de ESO axudaron non solo a decorar senón a senalizar mellor os autores da parte de Literatura Xuvenil.
María Lanza, co axuda de moitos cursos, rematou a nosa árbore do corredor principal.
Alumnos de 1º da ESO e de 1º de BAC de Literatura Universal puxéronse de acordo para a realización dunha árbore feita de libros.
A chegada do centro temos outra árbore feita con cartóns de ovos.
venres, 20 de decembro de 2019
CELEBRANDO O NADAL COS MAIORES
Un ano máis, un Nadal máis... visitamos aos nosos maiores da residencia DomusVi. Esta vez o grupo de voluntariado estivo acompañado co Coro do Sofía.
Foi unha velada moi agradable, onde o coro amosou o mellor da súa arte, ben dirixidos por Dani Ardao e Almudena. Ás cancións de sempre xuntaráronse un popurrí de panxoliñas, e o Noite de Paz, instrumental.


Pola nosa parte, os voluntarios, logo de xantar en común e facer adornos navideños con material de reciclaxe para a nosa árbore, levamos aos anciáns as tarxetas para que eles tamén escribiran os seus bos propósitos, relativos ao medio ambiente, de cara ao vindeiro 2020. Xa moitos deles son amigos nosos, alégranse moito de voltar a vernos, esquecen as doenzas por un rato e gozan da boa compaña.


Para todos eles van os nosos mellores desexos nestas festas!
venres, 21 de decembro de 2018
A NOSA FELICITACIÓN DE NADAL
Ola rapaces!
Xa cerca do Nadal, queremos celebrar con todos vós esta festa universal. E facémolo coa imaxe da nosa árbore de margaritas.
Noutras entradas xa falamos do simbolismo destas flores, vencellado ao Día de loita contra a Violencia de Xénero. Quixemos aproveitar o esforzo de tantos de vós deseñando margaritas, escribindo as vosas mensaxes nelas, en catro idiomas. E desgraciadamente aínda hoxe temos que seguir lamentando máis mortes, máis perdas insubstituíbles.
Por iso cobra máís valor o noso posicionamento e as nosas flores. En realidade, esta árbore é simbólica, non é só unha árbore para a reflexión e a denuncia, senón tamén para a esperanza. Como di Ana Seco, a nosa vicedirectora. Por esa razón, seguimos plantándonos contra a violencia. Para que non teñamos que dicir, como premonitoriamente vislumbrou Federico García Lorca:
Cuando se hundieron las formas puras bajo el cri cri de las margaritas, comprendí que me habían asesinado.
BO NADAL!
xoves, 20 de decembro de 2018
CELEBRANDO O NADAL COS NOSOS MAIORES
Ola rapaces!
Hoxe tivemos unha nova sesión de voluntariado na que procuramos levar algo de ledicia aos nosos amigos do veciño xeriátrico.
Logo de preparar os textos e as manualidades, fomos visitar aos maiores. Coma sempre, Cinthia exerceu de estupenda presentadora. E logo un grupo de lectoras (María, Sara, Sabela, Irene, Esperanza e Carla) puxeron as súas voces no conto de A Vendora de Fósforos de Hans Christian Andersen, conto triste pero típicamente navideño.
A continuación, o noso Papa Noel particular (Diego) repartiu agasaios e agarimos.
Para rematar, o resto do equipo (éramos tantos que non poido citar a todos) entregamos as estrelas feitas por nós en forma de veliñas que querían representar o conto da cerilleira.
Aínda que foi un ratiño moi pequeno o que puidemos estar cos maiores, pagou a pena por ver os seus sorrisos.
Agradecemos a todos que dedicárades o voso ocupado tempo neste labor. Sodes únicos!
Vémonos en xaneiro.
mércores, 18 de decembro de 2013
SOCAS FELICITA AOS CONSTRUCTORES DA ÁRBORE DE LIBROS
Preciosa idea e precioso resultado no que vin hoxe na entrada. Nun día medrou alí unha especie descoñocida de árbore de Nadal. En vez de raíces, ramas, follas e tronco ten libros. Toda unha metáfora do poder do libro. Devolvemos a natureza en forma de libros o que ela nos deu para facelos posibles.
Noraboa por tan fermosa iniciativa!
Socas
![]() |
| A nosa árbore de libros |
sábado, 8 de xaneiro de 2011
Etiquetas:
cómico,
costumbrista,
drama,
espionaxe,
fantasía,
histórica,
investigación,
lenda,
maxia,
medieval,
nadal,
natureza,
novela negra,
picaresca
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


.jpeg)






