Amosando publicacións coa etiqueta Laura Gallego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Laura Gallego. Amosar todas as publicacións

martes, 19 de xaneiro de 2021

BOOKLAPS EN PRIMEIRO E TERCEIRO

Ola rapaces!

Hoxe quería contarvos unha actividade moi bonita que ten que ver cos libros e que realizaron os alumnos de 1º e 3º de ESO na clase de Lingua Castelá e Literatura.

Se trataba de facer un booklap (o libro con solapas) no que se recollesen os principais aspectos dunha obra literaria: argumento, personaxes, marco espacio-temporal, opinión persoal... Pero facelo dunha maneira creativa e artística.



No caso dos rapaces de 1º, a obra era El valle de los lobos, primeira parte da saga de Laura Gallego Crónicas de la Torre.



No caso de 3º, tratábase dunha selección de romances medievais anónimos, o Romanceiro.

A idea xurdiu da profesora do Departamento de Lingua Castelá, Patricia Varela, e foi secundada por outras profesoras, Julia e Pilar, do mesmo Departamento.



E debo dicir que os traballos quedaron moi xeitosos. Sodes uns artistas. 

Velaquí unha mostra.



luns, 24 de xuño de 2013

As fotos da última sesión do club de lectura deste curso (con mereeendooolaaaa!!!):

Ola, poetas:

Sei que xa andivo o cativo do Socas trouleando por aquí e que colgou unhas fotos das deliciosas tartas que comemos o martes 18. Se virades como estaba ao día seguinte. Teño entendido que Pilar e Cris e Ana foron  mercar uns pantalóns novos, porque os seus non lle pechaban. Ai, como é!

En fin, eu aparezo por aquí antes de marchar de vacacións para deixarvos una breve presentación da sesión de El libro de los portales de Laura Gallego. Cecilia e Raquel, de 3º de ESO, fixeron unha presentación moi amena e ben traballada, sobre todo no que se refire ao análise das personaxes (que xa sabedes todos que tanto me gusta). A continuación, fixemos unha boa merendola coas tortas e todos e os biscoitos que trouxestes. 

El libro de los portales con merendola. on PhotoPeach

Quen tamén estivo con nós foi Pablo, de 1º de Bacharelato, que nos deixou a todos abraiados co seu dominio do piano. Para que vexades -e escoitedes- déixovos un exemplo.


Espero que todos disfrutarades das sesións do noso club de lectura tanto coma min. Foi un auténtico placer amosarvos as miñas opinións e discutir de cando en vez sobre os universos que crean outros para que nós lles deamos vida. Estou desexando que nos volvamos a ver tras o descanso estival e nos contemos todo o que limos durante as vacacións. Socas xa me ten preparada unha morea de bos libros que levar á praia. Falade con el e veredes como os ha recomendar unhas cantas lecturas que non esqueceredes.

Que teñades o primeiro mellor verán das vosas vidas.

martes, 18 de xuño de 2013

A NOSA III EDICIÓN DA FESTA DAS TARTAS LITERARIAS

Ola rapaces!
Con que ledicia fago hoxe a crónica da nosa Festa das Tartas! Se me descoido case non me deixades probar ningunha. E iso que había de todo e todo cunha boa pinta! Pero cando marchastes puiden aproveitar e catar un pouco de todo: a de limón coas letriñas, a dos libros de regaliz, a de chocolate e nata, o libro forrado de pel, a de Jane Austen, as bolachas, os monstruos das bolachas, a do libro dos portais ... e tantas outras. Como era de esperar, a nosa derradeira sesión foi especial por todo: pola música de Pablo Fraguela, pola visita do grupo de "cumpreaneiros" se me permitides a expresión, Por suposto, Raquel e Cecilia deron a talla coa súa presentación do libro de Laura Gallego, que segue a provocar grandes amores e grandes odios entre nós. E os que non puidestes lelo, agora que remataron os exames, tedes a vosa oportunidade.


o
Nota: Emilio, sinto que non puideras vir, ainda que algún bo samaritano acordouse de levarte un pouquiño de tarta.