Ola rapaces!
Onte tivemos a xuntanza correspondente a lectura de decembro que, como sabedes, sufriu modificacións en canto ao título e en canto a data. Cambiamos A expedición do Pacífico por A praia dos afogados de Domingo Villar. E a pesares do atraso, moitos de vós non fuches capaces de rematalo. Non pasa nada. Coido que, como Diego (4º A) na súa peculiar presentación non desvelou o nome do asasino, pode ser esta unha boa lectura para o nadal.
A sesión viuse moi fornecida pola aportación de Alex Segura (1º de Bach) quen fixo unha estupenda presentación nun novo formato (prezzi) do clásico do que falaramos na sesión pasada: Un mundo novo feliz de Aldous Huxley que esperamos poder enlazar no blog. Parabéns aos dous!
Soamente me queda desexarvos a todos os membros do noso Club (e a todos os usuarios da biblioteca en xeral) unhas Felices Festas e un Ano Novo cheo de lecturas e agasallos.
Vémonos o 13 de xaneiro coa última parte da magna saga entre as sagas: Harry Potter e o misterio do príncipe.
mércores, 17 de decembro de 2014
domingo, 30 de novembro de 2014
SILVAR NO NOSO CENTRO
O venres 28
de novembro estivo con nós na Biblioteca Xoán R. Silvar no marco
das actividades realizadas neste “Novembro, mes da ciencia en
galego”. Despois de máis de trinta anos no Sofía dando clase a
varias xeracións, Silvar volveu para falar aos alumnos de 2º ESO de
“Lingua(s) e ciencia”. A ciencia, os tipos de ciencia, a linguaxe
científica, as linguas da ciencia, a investigación da musicóloga
suíza Dorothé Schubarth en colaboración con Antón Santamarina e as razóns de por que el, un rapaz de Ferrol, comezou a usar o
galego na súa vida particular e profesional, foron varias das
cuestións tratadas na súa exposición. Uns poucos privilexiados de
2º ESO B quedaron máis tempo e o bombardearon con preguntas sobre
algunhas das facetas da súa vida: a música, a ornitoloxía, o medio
ambiente, a súa tarefa como profesor, etc. Moi interesados parecían…
Haberá entre eles algún futuro científico?
Continuará…
Porque novembro acabaría, pero nós continuamos lendo ciencia na
biblioteca e fóra dela.
mércores, 26 de novembro de 2014
SE POSPÓN A NOSA XUNTANZA PARA O MARTES 16 DE DECEMBRO
Ola rapaces!
Como se veñen os exames enriba, decidimos pospoñer a xuntanza de decembro para o día 16 no que estaredes máis relaxados.
Supoño que todos saberedes que tamén cambiamos a lectura e que a que nos toca é A praia dos afogados de Domingo Villar que moderará Diego Pereda de 4ºA. Aínda que é un bo tocho, penso que vos gustará moito porque é unha emocionante intriga chea de asasinatos, sospeitosos, víctimas. Todo elo nun coñecido e fermoso paisaxe das Rías Baixas. E formando parte dunha investigación ben levada por esa peculiar parella de detectives que forman o galego Leo Caldas e o seu axudante aragonés que non acaba de entender a idiosincracia do país.
Esta saga de misterio esta sendo moi ben acollida polo público e a crítica. E tamén máis aló das nosas fronteiras.

Esta saga de misterio esta sendo moi ben acollida polo público e a crítica. E tamén máis aló das nosas fronteiras.

Estaría ben que me levárades de roteiro literario pola escea do crimen.
sábado, 22 de novembro de 2014
EXCURSIÓN POLAS FRAGAS DO EUME
Pois si, o pasado xoves saín do meu recuncho nunha cestiña que levaba unha rapaza moi agarimosa de 4º C e deime unha camiñada esgotadora, malia que tonificante, polas Fragas do Eume.
Á baixada fun pingando de tanta chuvia que non cesaba de caer, Mi madriña! Case que afogo no cesto. E por pouco afúndome no fango. Mais foi chegar ao misterioso e vello mosteiro de Caaveiro, comezar a saír o sol, e atoparme cunha afastada póla da miña ampla familia: os Soqueiron de Pontedeume. Son descendentes directos do abade de san Xoan e levan alí moitos séculos coidando das sacras pedras. Invitáronme a visitar as dependencias do mosteiro e abraieime coas fabulosas vistas que disfrutan do río e do bosque. Gustoume de xeito especial o muíño e a ponte, onde botei unha man ás traballadoras rapazas a recoller follas, froitos, fieitos, cogumelos para unha gran exposición que terá lugar na entrada do instituto. Á volta, a forza do sol era xa moita e a subida foi toda unha demostración de pundonor por parte de todos: profes, rapaces e mais eu, mascota. Disque camiñanos máis de nove kilómetros e todos pasamos a proba con nota.
Á baixada fun pingando de tanta chuvia que non cesaba de caer, Mi madriña! Case que afogo no cesto. E por pouco afúndome no fango. Mais foi chegar ao misterioso e vello mosteiro de Caaveiro, comezar a saír o sol, e atoparme cunha afastada póla da miña ampla familia: os Soqueiron de Pontedeume. Son descendentes directos do abade de san Xoan e levan alí moitos séculos coidando das sacras pedras. Invitáronme a visitar as dependencias do mosteiro e abraieime coas fabulosas vistas que disfrutan do río e do bosque. Gustoume de xeito especial o muíño e a ponte, onde botei unha man ás traballadoras rapazas a recoller follas, froitos, fieitos, cogumelos para unha gran exposición que terá lugar na entrada do instituto. Á volta, a forza do sol era xa moita e a subida foi toda unha demostración de pundonor por parte de todos: profes, rapaces e mais eu, mascota. Disque camiñanos máis de nove kilómetros e todos pasamos a proba con nota.
Agora compre rematar a nosa exposición e esperar aos vosos fermosos e fantasticos relatos de bosque. Gustaríame protagonizar algún, máis sempre me repiten que non debo ser tan vaidoso. Así que escribide do que queirades, pero non deixedes de facelo.
E, prégovos, levademe máis veces de excursión! Veño novo.
martes, 11 de novembro de 2014
A NOSA XUNTANZA SOBRE DIVERGENTE
Hoxe tivemos a nosa xuntanza sobre a primeira lectura: Divergente de Veronica Roth. Tivemos o gusto de contar con novas incorporacións como Pepe de segundo de Bacharelato e Luis de primero de ESO, e tamén coa visita dun profesor do IES Ferrol Vello, que veu para coñecer por dentro a dinámica dun Club co obxectivo de montar o seu no seu centro.
A presentación fixérona, moi ben por certo, Xiana Santiago e Lydia Ramos, de 4º de ESO C, e pronto a subiremos ao noso correspondente recuncho do blog.
Sobre a novela houbo disparidade de criterios. A Alicia non acabou de convencerlle este libro. A Daniela gustoulle moitisimo (pregúntome cando algo non lle gustará a esta rapaza devoralibros). Como non, a obra se prestou as comparacións con outras da temática da distopía como a famosa saga Os Xogos da Fame de Suzanne Collins. Mesmo algúns de nós fixemos o test para saber en que facción entraríamos mellor ou se somos diverxentes.
Por certo, Ana falounos da obra fundacional desta temática, Un mundo feliz, de Aldous Huxley, e moitos mostraron o seu interés por lela. Así me gusta. Que novelas chamadas xuvenis nos leven a grandes clásicos.
Decidimos facer un cambio na orde de lecturas. Así que para o vindeiro mes, a novela que imos ler é A praia dos afogados de Domingo Villar, todo un refrescante caso misterioso para o detective Leo Caldas.
Boa lectura!
A NOSA BIBLIOTECA NAS V XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
O fin de semana pasado tiveron lugar en Santiago as V Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. Nelas, a nosa compañeira Ana Seco fixo unha presentación que co título: "Alfabetizacións múltiples: experiencias de lectura no IES Sofía Casanova" expuso a transformación sufrida pola biblioteca dende que formamos parte do PLAMBE. A presentación apoiabase nun site que pode consultarse aquí.
Falounos de proxectos nos que moitos de nós participamos: Clubes de Lectura, Hora de Ler, Blogues, Itinerarios Lectores como o das Meninas, roteiros, publicacións como os libros de Rosalía o de Marcos Calveiro.
xoves, 16 de outubro de 2014
DIVERGENTE
Como xa sabedes os que estivechedes na primeira xuntanza, a nosa vindeira lectura é Divergente, o primeiro volume da saga escrita por Veronica Roth. Coido que moitos xa a coñecedes, polo menos pola súa versión cinematográfica. Para outros será unha ocasión de achegarnos a esta exitosa narración que mestura elementos, polo que teño escoitado de vós, de distopía, ciencia-ficción, e historia de superación e amizade.
Tenme moi boa pinta, máxime coa nova de que van ser Lidia e Xiana, rapazas de 4ºC, as que nos fagan a presentación o vindeiro 11 de novembro.
Aproveito para animar aos fans das boas historias a apuntarse no noso Club. Penso que o agradeceredes.
mércores, 15 de outubro de 2014
PRIMEIRA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA
Que ben o pasamos onte no noso reencontro do Club de Lectura! Foi estupendo vervos tan relaxadiños (coido que o novo sofá tivo algo que ver nisto), tan animados e con tantas ganas de ler. Dende o meu recuncho apuntei algunha das vosas suxestións que recoñezo que eu non coñecía. Encántame que sempre me tedes ao día das novas sagas de literatura xuvenil que van aparecendo.
Estas son algunhas das que apuntei:
- El corredor del laberinto.
- La memoria del agua.
- Ciudades de papel.
- El designio del ángel.
- Fablehaven.
Aproveito para dar a benvida a Sabela, María e Laura, rapazas de 1º de ESO que son novas incorporacións ao noso Club. Espero que pouco a pouco vaian animándose máis de 1º e tamén de 1º de BAC. Non vos arrepentiredes.
E, por suposto, quero dar as grazas aos incondicionais que levan cinco anos adicándonos tempo e ilusión para facer posible esta gran familia que se chama "Club de Lectura do Sofía."
luns, 13 de outubro de 2014
VÉMONOS MAÑÁ
Ola rapaces!
Non esquezades a nosa xuntanza de mañá! Vide todos -vellos amigos e novas incorporacións- con moito ánimo para empezar a nova tempada, na que esperamos sorprendervos con boas recomendacións de lectura.
Ata moi pronto.
Socas
xoves, 9 de outubro de 2014
O francés Patrick Modiano gaña o Nobel de Literatura 2014
Ola poetas:
Espero que vos abra o apetito. De ler. Máis.
La calle de las tiendas oscuras (fragmento)
" Un expediente andaba rodando por encima de una mesa. A lo mejor era el del hombrecillo moreno de mirada espantada y rostro abotagado que nos había encargado que siguiéramos a su mujer, quien, por las tardes, iba a reunirse con otro hombrecillo moreno de rostro abotagado en una pensión de la calle de Vital, cerca de la avenida de Paul Doumer. Hutte se acariciaba pensativamente la barba, una barba canosa, corta, pero que se le comía las mejillas. Los ojos saltones y claros miraban al vacío. A la izquierda del escritorio, la silla de mimbre en que me sentaba yo durante las horas de trabajo. Detrás de Hutte unas baldas de madera oscura cubrían la mitad de la pared; había en ellas guías telefónicas y anuarios de todo tipo y de los últimos cincuenta años. Hutte me había dicho con frecuencia que eran herramientas de trabajo insustituibles de las que no pensaba desprenderse nunca. Y que esas guías y esos anuarios formaban la más preciada y la más emotiva biblioteca con que pudiera contar nadie, pues sus páginas recogían multitud de seres y multitud de cosas y de mundos desaparecidos, de los que ya sólo esos tomos daban testimonio. "
Comeza un novo curso e con el centos de novidades. Entre elas hoxe destacamos a concesión do premio Nobel de literatura ao escritor francés Patrick Modiano, un novelista de educación exquisita -entre os seus mestres está R. Quenau, aquel de Exercicios de estilo-. Modiano ten organizada a súa obra literaria en torno ao motivo recurrente da ocupación nazi de Francia durante a segunda guerra mundial. Os personaxes da súa obra son dunha enorme fondura humana, aínda que os seus comportamentos non son sempre moi racionais nin emocionais. Entre os recoñecementos á súa obra, conta co prestixioso premio Goncourt e co premio da Academia Francesa e agora co Nobel.
A continuación, déixovos un fragmento dunha das súas obras traducidas no noso país. A obra trata dun detective xubilado que emprende a tarefa de reconstruir a súa propia identidade, o cal o levará a facer unha profunda análisi da época da ocupación alemana.
Espero que vos abra o apetito. De ler. Máis.
La calle de las tiendas oscuras (fragmento)
" Un expediente andaba rodando por encima de una mesa. A lo mejor era el del hombrecillo moreno de mirada espantada y rostro abotagado que nos había encargado que siguiéramos a su mujer, quien, por las tardes, iba a reunirse con otro hombrecillo moreno de rostro abotagado en una pensión de la calle de Vital, cerca de la avenida de Paul Doumer. Hutte se acariciaba pensativamente la barba, una barba canosa, corta, pero que se le comía las mejillas. Los ojos saltones y claros miraban al vacío. A la izquierda del escritorio, la silla de mimbre en que me sentaba yo durante las horas de trabajo. Detrás de Hutte unas baldas de madera oscura cubrían la mitad de la pared; había en ellas guías telefónicas y anuarios de todo tipo y de los últimos cincuenta años. Hutte me había dicho con frecuencia que eran herramientas de trabajo insustituibles de las que no pensaba desprenderse nunca. Y que esas guías y esos anuarios formaban la más preciada y la más emotiva biblioteca con que pudiera contar nadie, pues sus páginas recogían multitud de seres y multitud de cosas y de mundos desaparecidos, de los que ya sólo esos tomos daban testimonio. "
mércores, 1 de outubro de 2014
ARRINCA A NOVA TEMPADA
Ola rapaces!
Como xa vos vexo algo intranquilos preguntando cando comezamos, aproveito este foro para anunciar o inicio da nova tempada, e xa vai pola quinta se os cálculos non me fallan.
Entón, o vindeiro martes día 14 de outubro teremos a primeira xuntanza. Os que queiran quedar a comer que traian o seu bocata. Os que prefiran vir logo que veñan ás 15,30 con moitas ganas de comezar a ler, falar de libros e de todo o que se nos ocurra.
Esta invitación quere mobilizar especialmente aos novos alumnos. Os pequerrechos de 1º ESO, pero tamén os de 1º de BAC e todos os que este ano queiran disfrutar desta experiencia que, está demostrado, enriquece a todos.
Vémonos pronto!
martes, 2 de setembro de 2014
BENVIDOS DE NOVO A NOSA BIBLIOTECA!
Ola rapaces!
Logo do paréntese estival vémonos de novo polo instituto. Polo de agora imaxino que andades a facer os exames e estades un pouco nerviosos. Deséxovos moita sorte. E espero que cando rematedes veñades a facerme unha visita á biblioteca, que segue a ser a vosa casa.
Imaxino que tivestes un bo verano. Coido que algúns aproveitachedes para ler ademáis de tomar o sol e facer surf. Xa vos falarei das miñas lecturas e dos plans para o novo curso. De momento solo quería darvos a benvida e recordarvos que aquí seguen os vellos amigos que se agochan nos libros.
Ata pronto!
SOCAS
luns, 30 de xuño de 2014
NOVAS ADQUISICIÓNS II: CIENCIAS NATURAIS, FÍSICA E QUÍMICA
Como dixemos noutra entrada, a biblioteca está a mercar fondos das áreas de ciencias para actualizalos. De igual xeito que en Economía, os Departamentos de Ciencias Naturais e de Física e Química facilitáronos títulos divulgativos das súas áreas de coñecemento e a biblioteca os adquiriu para uso e disfrute de todos: profesores e alumnos.
Tedes dende unha biografía novelada de Madame Curie, atá varias novelas que transcurren en laboratorios ou en centros de investigación, a libros divulgativos de astronomía escritos por Stephen Hawking, ou os libros de relatos de Gerald Durrell, entre outras moitas opcións.
Acercade ao panel de itinerarios lectores da nosa biblioteca e disfrutade este verán coas lecturas científicas máis refrescantes.
Ata pronto!
venres, 27 de xuño de 2014
ACTOS DE CONMEMORACIÓN DO 50 ANIVERSARIO
Xa vos digo sempre que estou tan atarefado que as miñas crónicas van saíndo con moito retraso. Pido disculpas de novo. Antes de pechar o curso, convén facerse eco do fermoso acto que o pasado día 18 tivo lugar no salón de actos para celebrar o noso 50 aniversario. Eu escapeime e disfrutei dende o meu recuncho de todo o evento.
Álvaro Gutiérrez fixo de presentador, coma sempre, coa súa soltura habitual. O acto abriuse coa actuación dun cuarteto de corda, no que destacamos a presenza de dúas amigas do noso Club: Inés Amarelo, xa fai máis tempo, e Andrea Trillo, ás que desexamos moitos éxitos musicais e universitarios.
Logo dos discursos da directora, da presidenta da ANPA, do alcalde de Ferrol (exalumno do centro) e do Director Xeral de Política Lingüística, chegou o momento da estrea mundial do documental que fixeron os alumnos da man de Suso. Parabéns polo excelente traballo!
E para rematar o grupo folklórico raparigos, con Juan Silvar ao frente, moi elegantes e afinados puxéronos os cabelos en punta coas súas interpretacións.
Feliz aniversario para todos!
luns, 23 de xuño de 2014
A NOSA FESTA
Pois si, rapaces, a festa de tartas foi un éxito! Xa vai uns días dela, pero estiven moi atarefado rematando a decoración e catalogando novidades e non vos puiden falar do evento amodiño.
Pero non podo pasar por alto facerme testemuña das exquisitas creacións da repostería que mirei e probei o pasado martes. Doces de todos os sabores, cores e formas fixeron que a miña loita cos meus calzóns tiña un pouco máis de épica, porque gañei unhas poucas talliñas de máis. Que imos facer!
Pero non podo pasar por alto facerme testemuña das exquisitas creacións da repostería que mirei e probei o pasado martes. Doces de todos os sabores, cores e formas fixeron que a miña loita cos meus calzóns tiña un pouco máis de épica, porque gañei unhas poucas talliñas de máis. Que imos facer!
Alegreime especialmente de atoparme cos rapaces de 2º de Bacharelato como Luis, María, Andrea, Carolina, Álvaro e Elisa, que non esqueceron vir a visitarnos antes de partir, algúns para os seus destinos universitarios. Grazas.
E a todos, deséxovos moita sorte coas notas (que a vais ter) e un verán chéo de diversións e bos libros!
Vémonos o curso que ven.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

















