Así, ben grande. Porque nos alegramos. Moito. Porque tiñan razón os alumnos de 1º ESO C e Laura, a súa profesora: Neira Vilas recupérase na casa. Sabedes que estaba previsto que conectase con nós por Skype na semana das Letras Galegas, pero tivo que ingresar no hospital. E agora, aínda en recuperación, contesta ao correo que os alumnos de Laura enviaron. Por certo, Ana o único que fixo foi servir de intermediaria a través da Biblioteca (enviou o correo de Laura á Fundación Neira Vilas). Parabéns, a seguir así, recuperándose. E graciñas, Xosé, por acordarse de nós. Cuídese moito! Moito, moito!
mércores, 27 de maio de 2015
mércores, 20 de maio de 2015
ITINERARIO LETRAS GALEGAS 2015: PONTEVEDRA-CAMBADOS.
- 2015, Letras Galegas Filgueira Valverde.
- 2015, 100 anos de Vento mareiro, poemario de Cabanillas.
A conexión:
- Filgueira Valverde: relación co Museo de Pontevedra.
- Vento mareiro, augada de Castelao que ilustrou o poemario Vento mareiro de Cabanillas, está no Museo de Pontevedra.
Entón...
Continuamos as actividades do "Mes das Letras no Sofía" con esta viaxe cultural que nos leva a Pontevedra para ver no Museo da cidade -tan ligado a Filgueira Valverde e Castelao-, a exposición sobre Filgueira Valverde e a sala Castelao, e saír logo ás rúas seguindo o roteiro "A Pontevedra de Castelao". Despois percorreremos "O Cambados de Cabanillas" para conmemorar os 100 anos de Vento mareiro (Cabanillas: 1915). E como fondo, como un "vento mareiro", eses poemas de Cabanillas (podes ver aquí unha selección) e esa augada de Castelao ubicada hoxe no Museo de Pontevedra: recordade que Vento mareiro, o cadro de Castelao, serviu no seu momento para ilustrar a portada da obra de Cabanillas do mesmo nome.
![]() |
| Castelao: Vento mareiro. Augada, 1921. Museo de Pontevedra. |

Pretendemos aproveitar esta actividade para que os alumnos fagan un uso responsable do móbil como ferramenta de consulta, busca, captación e transmisión de información. Para facilitar o labor, deseñouse o sitio informativo itinerarioletrasgalegas2015, que servirá como punto de partida da actividade; inclúe información básica, tríptico, planos e uns itinerarios ("A Pontevedra de Castelao" e "O Cambados de Cabanillas") que os alumnos terán que completar tras a visita.
![]() |
| O sitio tal como se vería no móbil |
venres, 15 de maio de 2015
ENCONTRO CON XAVIER ALCALÁ II: LER NA ERA DIXITAL / ENTREVISTA
Ben. Información procesada. 17 de maio: Día das Letras Galegas, Día da Sociedade da Información e das Telecomunicacións. Xavier Alcalá: escritor e enxeñeiro de telecomunicacións. Pensabamos achegar aquí o que comentou Xavier Alcalá o martes 12, pero non. Decididamente, non. É mellor que o escoitedes a el, coas súas propias palabras. En breve teremos editado o vídeo e poderedes velo nesta mesma entrada. Procede, iso si, que apuntemos algunhas das cuestións que tratou Xavier Alcalá en "Ler na era dixital". Algunha vez vos preguntastes...
- Como chegou un escritor vocacional a Enxeñería de Telecomunicacións?
- É correcto, na sociedade da información globalizada, separar ciencias e letras?
- Estamos na era dixital. Que cambiou con respecto á anterior? Como cambiou?
- Falamos ou fabulamos? Desaparecerá a literatura? Está en crise o sistema literario? Realmente? Ata que punto? E que hai da autopublicación?
- Hai traballo no campo da Telemática? Pode ser divertido o traballo de captación, procesado e difusión da información?
- É importante ler? Por que? Para que? Que ler?
- É importante redactar correctamente? Por que? Para que?
- Que soportes lectores se utilizan actualmente?
- Para escribir na era dixital, hai que escribir doutra maneira?
E recordade:
“Nunca chegaredes a nada se non ledes moito”.
Xavier Alcalá dixit, aquí, no Sofía, o 12-5-2015.
Xavier Alcalá dixit, aquí, no Sofía, o 12-5-2015.
E chegou o momento da entrevista: "Irene Alcalá entrevista a Xavier Alcalá". Pois o mesmo de antes: mellor coas súas palabras (poderedes ver aquí o vídeo). Pero adiantamos as preguntas de Irene (á persoa e ao escritor; faltou tempo de preguntar ao enxeñeiro de telecomunicacións):
- Que recordas do ano 1963 (ano en que nace o “Feminino” (actual Sofía Casanova) separándose do “Masculino” (o instituto de A nosa cinza)?
- Que hai de autobiográfico en A nosa cinza?
- Escribir en galego na época franquista, facer letras de cancións… Por que? Tiveches problemas?
- Que significaron para ti estes lugares? O areal de Cabanas; Ferrol; América, Arxentina, A Patagonia.
- E estas persoas? Ramón Piñeiro e Andrés do Barro.
O lector / escritor.
- Cóntanos. Coñeciches moitos escritores?
- Como escribes? Por que? Que é o "laboratorio"?
- Que significan para ti estes nomes? As chisterías de Ferrol, O Capitán Trueno, Xulio Verne, Salgari. Os clásicos da literatura española, os libros das aventuras amazónicas brasileiras. Eça de Queiroz. George Orwell. A literatura arxentina. A literatura de viaxes. A literatura con toques científicos.
- Que che queda por contar?
- Qué opinas do uso do móbil nas aulas?
Ao enxeñeiro de telecomunicacións (que fai e le ciencia), quedounos
por preguntar…
- Por que un enxeñeiro de telecomunicacións decide ser profesor?
- É posible facer ciencia en galego?
- Cantas linguas utilizas?
- Serviuche o galego para aprender outras linguas?
- Como ves o futuro do galego?
- E para rematar, que pregunta non che fixeron e che gustaría que che fixeran?
Outro día preguntaremos...
martes, 12 de maio de 2015
ENCONTRO CON XAVIER ALCALÁ

![]() |
| Xavier Alcalá, Irene e Roberto na Biblioteca do Sofía, 12-5-2015 |
Parabéns a Irene e a Roberto. Graciñas, Irene, polo traballo e pola entrevista. E graciñas, Xavier, pola túa xenerosidade e entrega, por compartir con nós moito do que sabes. Por contárnolo. Por ser. Por estar. Por todo.
![]() |
mércores, 6 de maio de 2015
BANDA DESEÑADA: CONTINÚA...
Socas! Xa o sabemos, que si, que este é o teu sitio, a túa biblioteca. Sabemos que estás, sempre estás aínda que non fales. Ti es a alma da Bibliotecasofía. Pero tes que comprendelo: hai momentos en que tes que adicarte a facer o que mellor fas, mergullarte nos libros que che dan vida e deixar que traballen outros... Deixa que falen Mafalda, Astérix, Mortadelo, Sasha, Tintín, o Capitán Trueno, Sir Tim O´Theo, Carpanta, Batman, Superman, Spiderman, El Jabato, Capitán América, Wonder Woman, Scott Pilgrim, Ramona Flowers, mesmo Joker, Lex Luthor, Pingüino e tantos outros... E ti, a ler; dicía Xavier Alcalá citando a un Menéndez Pidal xa velliño:
Na entrada anterior, a nosa cincuentona favorita, Mafalda, advertía: "Continuará". E continúa.
Segue o itinerario banda deseñada e chega agora o tríptico "Lemos cómic" coas recomendacións de Diego Pereda, Cecilia Ramil e Emilio Saldaña, as frases seleccionadas de Mafalda e a contribución de Laura e María (Nómades: Club de lectura). Podes velo neste enlace ou tamén -se a vista cho permite- a continuación.
Segue o itinerario banda deseñada e chega agora o tríptico "Lemos cómic" coas recomendacións de Diego Pereda, Cecilia Ramil e Emilio Saldaña, as frases seleccionadas de Mafalda e a contribución de Laura e María (Nómades: Club de lectura). Podes velo neste enlace ou tamén -se a vista cho permite- a continuación.
Socas! Xa o sabemos, que si, que este é o teu sitio, a túa biblioteca. Sabemos que estás, sempre estás aínda que non fales. Ti es a alma da Bibliotecasofía. Pero tes que comprendelo: hai momentos en que tes que adicarte a facer o que mellor fas, mergullarte nos libros que che dan vida e deixar que traballen outros... Deixa que falen Mafalda, Astérix, Mortadelo, Sasha, Tintín, o Capitán Trueno, Sir Tim O´Theo, Carpanta, Batman, Superman, Spiderman, El Jabato, Capitán América, Wonder Woman, Scott Pilgrim, Ramona Flowers, mesmo Joker, Lex Luthor, Pingüino e tantos outros... E ti, a ler; dicía Xavier Alcalá citando a un Menéndez Pidal xa velliño:
"Ai, que pena, ter que morrer, habendo tanto libro por ler".
Pois iso. Por certo, Xavier Alcalá estará o martes, 12 de maio, no Sofía. Pero esa é outra historia que -tamén- continuará na Bibliotecasofía.
venres, 1 de maio de 2015
ENCONTRO CON XOSÉ TOMÁS. ITINERARIO BANDA DESEÑADA.
O martes 28 de abril, no marco das actividades do “Mes das
Letras no Sofía”, estivo connosco Xosé
Tomás.
Primeiro reuniuse cos seus lectores, os membros do Club de Lectura, para comentar
Nómades.
Con todo detalle explicou o proceso de elaboración e creación e puidemos ver os seus cadernos coas notas e imaxes que foron dando forma a Nómades. Por que unha historia de mulleres e de emigración? Dous anos estivo apuntando ideas en pouco espazo (tiña que adaptarse ao que logo sería o formato de banda deseñada) e deseñando pequenos bocetos que reflectisen os trazos principais -unha parte que define como “un sufrimento”- necesario para pasar logo á parte “divertida”, a ilustración. Puidemos ver as ilustracións orixinais de Nómades, fantásticas, cheas de forza, feitas a lapis e logo escaneadas e coloreadas no ordenador, un traballo –este último- que Xosé Tomás cualificou de “artesanal”.
Con todo detalle explicou o proceso de elaboración e creación e puidemos ver os seus cadernos coas notas e imaxes que foron dando forma a Nómades. Por que unha historia de mulleres e de emigración? Dous anos estivo apuntando ideas en pouco espazo (tiña que adaptarse ao que logo sería o formato de banda deseñada) e deseñando pequenos bocetos que reflectisen os trazos principais -unha parte que define como “un sufrimento”- necesario para pasar logo á parte “divertida”, a ilustración. Puidemos ver as ilustracións orixinais de Nómades, fantásticas, cheas de forza, feitas a lapis e logo escaneadas e coloreadas no ordenador, un traballo –este último- que Xosé Tomás cualificou de “artesanal”.
Pasou logo a relatar anécdotas das mulleres ás que deu forma en Nómades: Fátima, unha historia real, Sasha, Ghalia… E con el puidemos reflexionar sobre o feito
de ser ou sentirse “nómade”, sen hogar, diferente, sobre os valores –ou a falta de valores- humanos… Pode que sexa
verdade que unha imaxe vale máis que mil palabras: relede Nómades, volvede ao
libro e mirade esas caras, pensade como se senten… E seguro que non moi lonxe
hai alguén moi similar aos personaxes deste libro. Non esquezades a cita de J.
Donne con que Hemingway comeza Por quen
dobran as campás:
Ninguén é unha illa, completo en si mesmo; cada home é
un pedazo de continente, unha parte da terra; se o mar leva unha porción de
terra, toda Europa queda disminuída, coma se fose un promontorio, ou a casa dun
dos teus amigos, ou a túa propia. A morte de calquera home redúceme porque
estou ligado á humanidade; polo tanto nunca preguntes por quen dobran as campás:
dobran por ti.
Despois do encontro co Club de Lectura, Xosé Tomás impartiu
un obradoiro sobre banda deseñada a un grupo de alumnos de 3º ESO que estaban
acompañados da súa profesora de EPV, María Lanza.
A denominación… Cómic? Banda
deseñada? Novela gráfica? Outras? Quedámonos con banda deseñada ou novela
gráfica, tras descartar outras opcións. Presentounos a Yellow Kid, o primeiro personaxe “oficial” de banda deseñada (1895), para pasar á relación cine-banda
deseñada (paralelos tamén no seu nacemento) e entrar xa no que é o deseño de
personaxes, os planos, os diálogos, a localización… Fíxonos reparar na
importancia dos silencios e no feito de que para ler banda deseñada, para
apreciala, hai que coñecer (e recoñecer) os seus códigos. Veu logo a viñeta, a
experimentación coa viñeta, as onomatopeias, as liñas cinéticas, o globo
(bocadillo) e o delta… E niso estabamos cando recordamos aquelas miniaturas medievais de T.L.M. que “rescatamos” polo Día da Árbore e as das Cantigas de Santa María
que rotulan a nosa biblioteca.
Toda unha lección, a de Xosé Tomás, que despois os alumnos tiveron
que poñer en práctica, e que parece que continuará na clase de Debuxo con María
Lanza… De ser así, seguiremos informando.
Non remata aquí o noso “Itinerario banda deseñada”, hai
máis. Xa vos contaremos. De momento, visitade a Biblioteca:
- Os fondos de banda deseñada saíron do seu curruncho para ocupar lugares máis visibles.
- Ao "Itinerario A Metamorfose" sumáronse dúas adquisicións relacionadas coa banda deseñada: o cómic de Peter Kuper e Kakfa de Robert Crumb, recomendados ambos pola libreria Kómic, de Santiago.
- Reparastes na contribución dos alumnos de 1º ESO A e B con material sobre Mafalda? Porque aí comezou todo: recordade que Mafalda cumpriu 50 anos neste curso académico, o 29 de setembro de 2014. Celebrámolo, aínda o seguimos celebrando e máis que o imos celebrar. De feito, Mafalda comezou este “Itinerario banda deseñada”, que…
MES DAS LETRAS NO SOFÍA
O Equipo de Biblioteca do IES Sofía Casanova decidiu adicar
un mes ás letras no Sofía e… Que mellor que as datas comprendidas entre o 23 de
abril (Día do Libro) e 17 de maio (Día das Letras Galegas) para facelo? Pois
niso estamos…
Non tedes máis que ver o cartel: obradoiro con Xosé Tomás o
28 de abril, encontro con Xavier Alcalá o 12 de maio, itinerarios lectores, autores
e obras que “cumpren anos”… Desexamos desde aquí a Neira Vilas que siga mellorando: a semana do 23 de abril ía falarnos da súa vida e dos seus encontros con tantos e tantos persoeiros do século XX (conexión por Skype) pero está recuperándose dunha doenza; non
deixedes de ler este fragmento da carta que lle enviaron os alumnos de 1º ESO C:
Querido Xosé, dende aquí queremos darche unha aperta. Sobreviviches á Guerra Civil, isto non é nada. (...)Comezamos o MES DAS LETRAS co itinerario A metamorfose, 100 anos: encontro dos clubs de lectura, o do "Feminino" e o do "Masculino", os dous institutos xuntos de novo 50 anos despois da súa "dramática separación". O 23 de abril entregáronse os premios dos relatos "Personaxes do bosque", o tríptico ALFIN5 Sofía, as pegatinas-calendario cos itinerarios lectores "Cumpren anos"...
![]() |
| Itinerario lector "Personaxes do bosque": relatos e ilustracións. Premiados no concurso. |
![]() |
| Calendario "Cumpren anos": Itinerarios lectores Quixote II, Emma, Alicia, A Metamorfose, Vento mareiro, Dante, Teresa de Ávila, Kipling, Yeats, Ramón Piñeiro, Álvarez Blázquez. |
Se non o estades facendo xa, ¿queredes participar nalgún dos itinerarios lectores? Vide á Biblioteca do Sofía e seredes informados.
xoves, 23 de abril de 2015
VISITANDO A BIBLIOTECA DO IES CONCEPCIÓN ARENAL
Ola rapaces! O pasado martes puiden saír por un tempiño do meu amado recuncho na nosa biblioteca para visitar con vós o que eu considero "a miña casa nai", a Biblioteca Saturnino Hermida do IES Concepción Arenal.
Mentres eu percorría cos meus curmáns aquela biblioteca tan chea de historia, pareceume o marco idóneo para falar dunha obra mestra da literatura universal que cumpre cen anos A Metamorfose de Franz Kafka. Decateime de que para algúns a historia de Gregor Samsa metamorfoseado nese escaravello xigante viña sendo un pouco difícil, pero pronto Emilio e Ana botáronvos unha man para entendela mellor. Dende logo fixestes que me sentira moi ledo de vós tanto da presentación de Alicia e Álex, como do famoso itinerario de banda deseñada de Diego.
![]() |
| Os dous grupos case ao completo |
![]() |
| Alicia e Álex, antes da presentación. |
Pero, por se se vos segue resistindo esta obra de Kafka, mirade estas novas adquisicións: o cómic de Peter Kuper e Kakfa de Robert Crumb, recomendados ambos pola libreria Kómic, de Santiago.
Penso que a experiencia pagou a pena. Que positivo é facer estas sesións conxuntas de ambos Clubs de Lectura! É unha fermosa maneira de tomar contacto con rapaces doutros centros!
E agora, por suposto, tócanos a nós corresponder en maio á súa invitación e agasallalos do mesmo xeito. E a lectura que propoñemos vai ser El corredor del laberinto de James Dashner.
luns, 30 de marzo de 2015
ÁRBORES NO SOFÍA
Árbores e bibliotecas. Había tantas posibilidades... Que os libros son de papel, que o papel vén das árbores, que hai itinerarios lectores sobre árbores... E "ler ciencia", porque aí estamos. Foi doado, tanto como relacionar árbore-ciencia, "Árbore da ciencia". E entre as posibilidades escollemos a Árbore da ciencia de Ramón Llull (carteis exposición). Por que, diredes? Por moitos motivos. Algúns:
- Ramón Llull viviu no século XIII e principios do XIV. Época medieval, a época dos códices. Recordades? Non? Pois mirade este enlace (elaboración dun códice medieval). E ten certo "parecido razoable" con Guillermo de Baskerville, personaxe de... Seguides sen recordar? Outro enlace... Na Biblioteca do Sofía "toleamos" polos códices. Serviron -hai xa dous anos- para rotular a biblioteca con imaxes tiradas dos códices das Cantigas de Santa María (idea dunhas alumnas que están hoxe en 3º ESO). Fixemos -e seguimos a facer- o proxecto "Evolución dos soportes lectores: dos códices á imprenta e da imprenta á era dixital", proxecto que deu pé a varias viaxes culturais: estivemos no arquivo da Catedral de Santiago vendo os códices de cerca (demasiado de cerca, se cadra); e en Oseira; e fomos ver a exposición do gravado no Gaiás... E seguimos traballando, porque a próxima viaxe ao mundo medieval irá polo camiño "De Lago a Santiago" (en elaboración).
- Ramón Llull concretou na Árbore da ciencia unha clasificación das ciencias en 16 árbores que resulta, a día de hoxe, máis que interesante. Cada unha das 16 árbores de Llull representa unha ciencia (Física, Botánica, Bioloxía, Artes, Antropoloxía, Ética, Política, Astroloxía, Lóxica… ata 16). Vid. imaxe que segue (base: ilustración de 1505; a Árbore da ciencia orixinal é anterior, data de fins XIII-principios XIV).
- E escribía en catalán (tamén en árabe e latín); un sabio mallorquín ligado á corte de Aragón e Mallorca (formado na corte de Xaime I de Aragón, o Conquistador, e protexido do seu fillo Xaime II de Mallorca), contemporáneo de Afonso X o Sabio de Castela (Afonso X estaba casado con Violante de Aragón, filla de Xaime I e irmá de Xaime II), que serve para dar unha imaxe clara do que era o panorama lingüístico na Península Ibérica durante a Idade Media.
Enlace aos carteis da exposición.
Pois ben. Nós xa tiñamos previsto facer o camiño desde o Sofía cos trobadores medievais (mirade o site en elaboración "De Lago a Santiago") e percorrer as rúas e espazos da cidade ligados a estes poetas (vid mapa no site). Pero agora, con máis motivo: ademais do roteiro dos trobadores, que nos transportará aos séculos XII, XIII e principios do XIV, temos esas dúas exposicións (a orixe do Camiño (séc. IX) e o Camiño en tempo de Francisco de Asís (séc. XII-XIII) que hai que ver necesariamente.
Nota.- Ramón Llull foi tamén poeta cortesán, prosista, filósofo, divulgador científico, alquimista, teólogo, eremita, frade franciscano, misioneiro, místico, cruzado, profesor na Universidade de París, viaxeiro incansable... Seguides sen ver -cando menos nalgúns aspectos- "parecidos razoables"?
Por certo. parece que todo coincide, desde a árbore de Llull saíron distintos itinerarios que conflúen no Camiño de Santiago. E ademais, "cumpren anos"...
- VII centenario da morte de Llull (morreu no 1315). Peregrinación de Llull a Santiago: na imaxe, Llull ante o apóstolo tal como o ve o seu discípulo Thomas Le Myésier en Breviculum, 1321, Badische Landesbibliothek, IBIS. Vid. nota ao pé. Por certo, Llull, era franciscano e...
- VIII centenario da peregrinación de Francisco de Asís a Santiago: Exposición San Francisco no Camiño de Santiago: Occidente, o Islam e Terra Santa no tempo de Francisco de Asís, presenza das ordes mendicantes no Camiño de Santiago, cadros do Greco e Zurbarán, esculturas de Salzillo, Xosé Ferreiro e Salvador Carmona, pezas medievais de época de Francisco de Asís procedentes de Inglaterra, Francia, Italia, Terra Santa, Al Andalus e Galicia. Dous peregrinos medievais ilustres entre tantos que percorreron o camiño, pero... Como empezou todo?
- Exposición: "Camiño. A orixe", na Cidade da Cultura. Desde o punto de partida (ano 820, o eremita Paio acha a tumba e interveñen o bispo Teodomiro e o rei Alfonso II o Casto) ata chegar ao que logo sería Compostela e o fenómeno da peregrinación. Exposición con obras de Durero e Murillo, entre outros.
Pois ben. Nós xa tiñamos previsto facer o camiño desde o Sofía cos trobadores medievais (mirade o site en elaboración "De Lago a Santiago") e percorrer as rúas e espazos da cidade ligados a estes poetas (vid mapa no site). Pero agora, con máis motivo: ademais do roteiro dos trobadores, que nos transportará aos séculos XII, XIII e principios do XIV, temos esas dúas exposicións (a orixe do Camiño (séc. IX) e o Camiño en tempo de Francisco de Asís (séc. XII-XIII) que hai que ver necesariamente.
![]() |
![]() |
| Imaxe |
luns, 16 de marzo de 2015
ITINERARIOS: "AS MENINAS DE CANIDO" e "AS MENINAS NO SOFÍA".
![]() |
| Fotografía: Diario de Ferrol |
Hoxe, 16 de
marzo, estivo de novo connosco o pintor Eduardo
Hermida, promotor do itinerario “As Meninas de Canido”, movemento artístico
reivindicativo que quere chamar a atención sobre o abandono dese barrio
ferrolán:
https://es-es.facebook.com/meninasdecanido).
https://es-es.facebook.com/meninasdecanido).
Eduardo viñera o ano pasado entregar os
premios ás gañadoras do concurso “As Venus do Sofía”, organizado polo Departamento de Debuxo; daquela invitou aos presentes a participar nas
“Meninas de Canido”. E no Sofía participamos,
claro que participamos. Queredes saber como? Entrade en “As Meninas no Sofía: ReciclArte e LiteraturizArte”.
Hoxe volveu
Eduardo. Con el vimos o vídeo que
nos recordou como Canido pasou de ser “a horta de Ferrol” a ser un barrio en estado
de abandono. Ante a tristeza e o deterioro que o rodeaba, no verán de 2008 Eduardo
Hermida decidiu sacar a cor do seu estudo para encher de meninas as paredes das casas
abandonadas... Se queres saber que pasou despois, no vídeo poden contarcho moito mellor.
Pero algo
adiantamos: o que empezou coa idea de actualizar un cadro pertencente á cultura
universal para reivindicar o estado dun barrio -como tantos outros que
están caendo sen que ninguén faga nada por evitalo-, converteuse nun grito de
cor a favor da arte na rúa, da arte do pobo, da arte que ten que estar en todo
o que facemos, en todos os espazos… Un grito da arte pola arte ao que acoden
autores das máis diversas nacionalidades. E aínda máis: seguindo a liña de “As
meninas de Canido” comezaron movementos similares –con outras obras de arte- en
Italia, Eslovenia e Francia. E continúa…
Despois de
ver o vídeo, iniciouse un coloquio. Preguntas como “Cal é a túa menina favorita?”, “Tes algún
estilo preferido?”, “ Vives da pintura?”, “Que foi o mellor da experiencia?”, “
Como soubeches que querías adicarte á arte?” e outras foron contestadas por
Eduardo Hermida.
Desde o IES Sofía Casanova agradecemos a túa visita, Eduardo. Toda unha inspiración para nós.
Desde o IES Sofía Casanova agradecemos a túa visita, Eduardo. Toda unha inspiración para nós.
E despois de ver-ler...

Os alumnos de 4º EPV, con María Lanza, verán...
Que lecturas acompañarán esta vez ao cadro? Queredes participar na elaboración do novo itinerario lector? Se é así, xa sabedes onde estamos...
mércores, 11 de marzo de 2015
CLUB DE LECTURA, 10-3-2015: NÓMADES.

Que sesión a de onte! En principio quedamos para comentar Nómades, pero a reunión deu para moito máis. Comezamos. Photocall.
1.- O cómic. Itinerario lector.
2.- Nómades. Xosé Tomás.
3.- Novas adquisicións.
4.- Animal Farm. A granxa dos animais.
1.- O cómic. Comezou Diego Pereda facéndonos pensar. Que é o cómic? Cal é o mellor personaxe de cómic? Que é un itinerario lector? E mentres pensabamos, fomos recordando a Tintín, Astérix, o TBO, Ibáñez (mirade o cómic que acaba de sacar e buscade "parecidos razoables"), Escobar, Super López, Spirou, o Capitán
Trueno, o Príncipe Valiente, Esther e Purita Campos, El Jabato... E Mafalda, sempre Mafalda. Atentos ao panel de exposicións da Biblioteca: Diego, Emilio e Mafalda teñen algo que dicir. Moito.
E así estabamos cando intervén Cecilia Ramil. A mochila de Cecilia si que é unha "mochila viaxeira" (e non só porque acaba de estar no Museo do Cómic de Bruxelas); desa mochila empezaron a saír novelas gráficas: Pollo con ciruelas, Persépolis (a biblia, di Cecilia), Pablo (biografía de Picasso), El desorganismo de Daniel Johnston, Moderna de Pueblo (Cooltureta)... E a súa "reliquia", Sin ti soy yo. Podedes facervos unha idea: quedamos impresionados, moi impresionados. Socas perdeu a fala. Socas está abraiado. Socas non se recupera...
2.- Nómades. Presentación de María e Laura -que podedes ver neste blog- e anuncio da visita de Xosé Tomás: estará connosco o 28 de abril. Todo un luxo! Socas segue abraiado e declara: "Non teño nada que dicir".
3.- Novas adquisicións. Roberto fixo un breve repaso polos argumentos dos libros recibidos onte. Interesantes. Moito. E Socas, que está lendo, segue sen facer declaracións.
4.- Animal Farm, A granxa dos animais.
Álex e Alicia, xa sen tempo porque remataba a sesión, contaron a súa experiencia coa lectura desta obra. Falade con eles: contaranvos a interpretación que lle deron. Lectura recomendada. Absolutamente. Tédela na Biblioteca.
Socas segue sen falar. Porque non só está abraiado, tamén está orgulloso, moi orgulloso de vós. Entende que estades deixando de ser os nenos que coñeceu para entrar na madurez lectora: sente que vos estades convertendo en lectores críticos e responsables. Socas está feliz, e non é para menos...

Que sesión a de onte! En principio quedamos para comentar Nómades, pero a reunión deu para moito máis. Comezamos. Photocall.
1.- O cómic. Itinerario lector.
2.- Nómades. Xosé Tomás.
3.- Novas adquisicións.
4.- Animal Farm. A granxa dos animais.
1.- O cómic. Comezou Diego Pereda facéndonos pensar. Que é o cómic? Cal é o mellor personaxe de cómic? Que é un itinerario lector? E mentres pensabamos, fomos recordando a Tintín, Astérix, o TBO, Ibáñez (mirade o cómic que acaba de sacar e buscade "parecidos razoables"), Escobar, Super López, Spirou, o Capitán
Trueno, o Príncipe Valiente, Esther e Purita Campos, El Jabato... E Mafalda, sempre Mafalda. Atentos ao panel de exposicións da Biblioteca: Diego, Emilio e Mafalda teñen algo que dicir. Moito.
E así estabamos cando intervén Cecilia Ramil. A mochila de Cecilia si que é unha "mochila viaxeira" (e non só porque acaba de estar no Museo do Cómic de Bruxelas); desa mochila empezaron a saír novelas gráficas: Pollo con ciruelas, Persépolis (a biblia, di Cecilia), Pablo (biografía de Picasso), El desorganismo de Daniel Johnston, Moderna de Pueblo (Cooltureta)... E a súa "reliquia", Sin ti soy yo. Podedes facervos unha idea: quedamos impresionados, moi impresionados. Socas perdeu a fala. Socas está abraiado. Socas non se recupera...
2.- Nómades. Presentación de María e Laura -que podedes ver neste blog- e anuncio da visita de Xosé Tomás: estará connosco o 28 de abril. Todo un luxo! Socas segue abraiado e declara: "Non teño nada que dicir".
4.- Animal Farm, A granxa dos animais.
Álex e Alicia, xa sen tempo porque remataba a sesión, contaron a súa experiencia coa lectura desta obra. Falade con eles: contaranvos a interpretación que lle deron. Lectura recomendada. Absolutamente. Tédela na Biblioteca.Socas segue sen falar. Porque non só está abraiado, tamén está orgulloso, moi orgulloso de vós. Entende que estades deixando de ser os nenos que coñeceu para entrar na madurez lectora: sente que vos estades convertendo en lectores críticos e responsables. Socas está feliz, e non é para menos...
domingo, 8 de marzo de 2015
NOTICIAS SOBRE O CLUB DE LECTURA
Ola rapaces!
Por fin, o que moito se fai esperar moito se agradece. Por fin hoxe poiden subir as presentacións de Daniela e Juan sobre Harry Potter, e de Candela e máis Alicia sobre Anna Frank. Estamos ao día. Repito. Por fin.
Grazas, nenos. Non perdín a fe en vós. (Non completamente).
Outra cousa. Vémonos o vindeiro martes con Nómades. E temos unha estupenda nova que darvos. No mes de abril teremos connosco ao propio autor, Xosé Tomás. A que non o esperábades?
Temos tamén que ir pensando no libro que leremos nese mes e que logo comentaremos cos compañeiros do Club de Lectura do IES Concepción Arenal. Xa sabedes que esa xuntanza a faremos alí.
mércores, 25 de febreiro de 2015
E AGORA UN CÓMIC DE SABOR GALEGO!
Socas pide perdón. Socas está moi despistado. Socas fala xa en terceira persona de si mesmo. E que Socas centrouse demasiado na lectura de Conacho (que por certo, non soamente é recomendable para os adultos, Socas pensa que a moitos de vós pode interesar e moito coñecer como era esta cidade hai cincuenta anos, xustiño cando comenzaba a andar o noso insti)... e Socas perdeu a cabeciña.
Pero ben. Socas ten que anunciar que a vindeira sesión, o martes 10, falaremos dun cómic moi recente dun autor noso, un galego. Titúlase Nómades e el chámase Xosé Tomás.
(Por certo, Socas tamén pide perdón polo retraso en subir presentacións de pasadas sesións pero problemas de comunicación incríbles neste século das novas tecnoloxías impiden que traballos tan fermosos como o de Daniela e Juan sobre Harry Potter e o de Candela e Alicia sobre Anna Frank, cheguen aos seus aquivos... Vai ser verdade que é un auténtico trasno e que a biblioteca está enfeitizada?) Dende aquí Socas manda un último SOS para que se arranxen ditos problemas e todos poidamos disfrutar dun esforzo tan meritorio.
venres, 13 de febreiro de 2015
A NOSA SESIÓN SOBRE ANNA FRANK
Con tanto balbordo carnavaleiro, case esquezo facer unha entradiña sobre a magnífica sesión que tivemos o pasado martes a propósito da lectura deste mes: O diario de Anna Frank.
Realmente quedei abraiado dende o meu recuncho da vosa capacidade crítica e a vosa sensibilidade. Tanto a presentación de Candela e Alicia (dura, moi dura, case excesivamente) como as vosas preguntas e comentarios demostráronme o alto nivel de madurez que temos no noso Club.
Penso que deixamos un pouco de lado o propio texto de Anna, para centrarnos no horror do holocausto.
Pero o tema é o que ten, que remove por dentro.
Como prometimos un itinerario sobre o holocausto que tratarermos de facer con máis calma, aquí vos deixo un adianto.
Textos que son testemuñas do vivido:
- Diario de Hélène Berr (Anagrama).
- Diario. Una vida conmocionada de Etty Hillesum (Anthropos).
- La estepa infinita de Esther Hauzitg (Salamandra). O temos na biblioteca.
Nesta páxina hai referencia a outros diarios de nenos menos coñecidos:
Novela: Son moitas pero destaco soamente dous:
- El niño del pijama de rayas de John Boyne.
- La llave de Sarah de Tatiana de Rosnay
Películas: Tamén son moitas pero podemos citar estas:
- Los juicios de Nuremberg de Stanley Kramer
- Shoah de Claude Lanzmann
- El pianista de Roman Polansky.
- La lista de Shindller de Steven Spielberg.
- La vida es bella de Roberto Begnigni.
- El último tren de Auscwitz de Joseph Vilsmaier
venres, 30 de xaneiro de 2015
O DIARIO DE ANNA FRANK NO DÍA INTERNACIONAL DA PAZ
A lectura (ou relectura) desta obra non pode deixar indiferente a ninguén. Dende logo, non estamos ante un libro máis dos que lemos mensualmente no noso Club. Por iso, saltándome esta vez o costume de falar a través de Socas, quixera abrir o meu corazón.
Estes días, preparando a vindeira sesión do 10 de febreiro, mergulleime no universo desta rapaza que morreu coa idade que ten a miña filla e moitos de vos. Lín de novo o Diario, devoreime unha nova versión en cómic que vos recomendo e que recorre os antecedentes da historia así como o triste final da mesma.
E, por último, voltei ver a película dirixida por George Stevens en 1959. O pai de Anna, o único supervivente dos oito agochados, quixo que a protagonizara Audrey Hepburn polos paralelismos vitais entre a súa filla e a actriz, así como o seu parecido físico. Pero entón a actriz xa contaba con 30 anos... e, con gran pesar, declinou a invitación de meterse na pel dunha moza que sufriu o mesmo inferno, na mesma cidade que ela, e coa súa mesma idade.
A miña filla viaxa dentro de pouco a Amsterdam e, por suposto, ten moitas ganas de visitar "a Casa de atrás", que é como chamaban os alí agochados ao piso onde permaneceron a salvo durante máis de dous anos. Non esquecemos que oito persoas poideron estar alí (en menos de 70 m2) grazas a axuda dos chamados "benfeitores", holandeses non xudeus que, con grande risco das súas vidas, alimentábanos e mantíñanos ao tanto dos avances da guerra.
Cando pensas que foron delatados e, por conseguinte, apresados e levados a campos de concentración, onde sufriron todo tipo de pensalidades e acabaron morrendo (todos menos Otto) case a piques de ser liberados, podes pensar que todo o seu sacrificio e todas as súas vivencias na Casa de atrás foran inútiles. Como ás veces dicía Margot Frank, moi desanimada, case era mellor que os colleran e todo rematara. Pero logo me paro a pensar que se non, non habería Diario, e que pagou a pena permanecer agochados, tentar de sobrevivir, mirar ao futuro con esperanza. Así o encarou a propia Anna, así o quixo transmitir no seu libro, unha verdadeira testemuña de que no medio das peores situacións, o ser humano aférrase a vida. E sempre os xoves teñen algo que dicir. Ela queixábase de que os maiores da Casa xa tiveron a súa oportunidade de disfrutar da vida, do amor, da natureza, dos libros. E que tanto a súa irmá, como Peter, o seu descuberto amor, non a tiñan. Pero as súas palabras dirixidas a Kitty, o seu diario, nos animan a todos a vivir máis e mellor, Aproveitando os agasaios da vida e loitando para facer deste mundo un sitio onde xamais poidan repetirse holocaustos coma este. É unha feliz coincidencia que hoxe sexa o Día Internacional da Paz.
Sinto poñerme tan solemne. Pero espero con afán que o Diario vos remova por dentro tanto coma a mín. E que poidamos ter unha fantástica sesión, da que espero que logo saian máis lecturas, nun itinerario lector sobre a deportación e o holocausto do que xa iremos falando.
Pilar
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












































